Alfoz, O Valadouro, 9 de maio de 2019.- Os concellos de Alfoz e O Valadouro inician un programa de accións contra a violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Este programa de accións educativas, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, a través da Secretaría de Estado de Igualdad, poñerase en marcha no IES Alfoz-Valadouro, que acolle alumnado de ambos concellos.
Como resultado da colaboracións destes dous concellos, os días 13 e 14 de maio levaranse a cabo accións destinadas á erradicación das violencias de xénero e á promoción de relacións igualitarias entre o alumnado da ESO do IES Alfoz-Valadouro, sito en Estrada Mondoñedo-Ferreira, s/nº -San Pedro de Mor – Alfoz. Haberá presenza institucional (municipal) para saudar ao alumnado na actividade do luns 13 ás 12:55h
Luns 13 de maio
Actividade:Socialización de xénero: Historia de Carlos e Lucía
Público destinatario:1º ESO
Hora:10:00 horas
Intervén: Equipo RETNOVA ProxectiaConsulting
Luns 13 de maio
Actividade:Achegándonos á violencia de xénero para desmontala
Público destinatario:3º ESO e 4º ESO
Hora: 12:55 horas
Intervén:Autoridades e Equipo RETNOVA ProxectiaConsulting
Martes 14 de maio
Actividade:Escenificando o amor
Público destinatario:3º ESO e 4º ESO
Hora: 10:20 horas
Intervén: Equipo RETNOVA ProxectiaConsulting
Martes 14 de maio
Actividade:Socialización de xénero: Historia de Carlos e Lucía
Público destinatario:2º ESO
Hora: 12:55 horas
Intervén: Equipo RETNOVA ProxectiaConsulting























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



