Ribadeo 9-5-19. En Marea Ribadeo é unha candidatura cidadá diversa, con veciñas do rural e da vila; labregas, traballadoras da industria e dos servizos; xentes de Ribadeo e de fóra, activistas dos movementos sociais e culturais do concello, encabezada por dúas persoas -Evaristo Lombardero e Maica Nistal- cun longo compromiso en favor do público, da cohesión social -sen deixar ninguén atrás- e da conservación do noso patrimonio natural.
A nosa proposta é a de artellar entre tod@s a transición da nosa economía -que amosa síntomas de esgotamento- para dar resposta ós retos globais. Traballaremos cara á soberanía alimentaria e enerxética a través do desenvolvemento dos recursos naturais, formativos e culturais, diversificando unha económía hoxe moi dependente de factores externos; unha transición que só poderá acadarse coa complicidade da veciñanza.
Isto supón transparencia, información e participación, o que ven sendo dárlle a volta a un Concello que ben entrado o século XXI non deixou vellos hábitos da opacidade e o clientelismo. É tempo xa de abrir as ventás ó aire limpo, e as portas á xente do común.
O fundamental do noso programa ten sido difundido xa ós medios locais por entregas sectoriais. Lembramos aquí algunhas das ideas que propoñemos para ese debate necesario.
– Transparencia e participación: Consello de participación cidadá, gravación e emisión dos Plenos do Concello, emisora de radio municipal de xestión comunitaria, rotación do Pleno polas parroquias.
– Economía: Orzamentos participativos para a Vila e nas parroquias, viveiro de empresas no polígono industrial, bonificación do IBI das explotacións agrogandeiras, bonificación do IBI, auga e lixo ás tendas-bar do rural, promoción da produción local de alimentos, compra pública social e ambientalmente responsable, beneficios para locais en aluguer a prezo taxado, loita conrta a precariedae laboral.
– Servizos municipais: Recuperación da xestión do abastecemento de auga, mellora da calidade da auga e promoción do aforro, planta de compostaxe, programa de reutilización de residuos, limpeza viaria en Rinlo, cooperativas de profesionais para as residencias, Renda Mínima Municipal, vivenda social en aluguer.
– Transición enerxética e medio ambiente: Axudas ó illamento térmico de vivendas, FP en enerxías renovables, parque eólico para abastecemento do Concello, loita contra a contaminación lumínica, recuperación do rego de Vilaselán, albergue para animais abandoados, recuperación de espazos, protección de ríos, mananciais e fontes, eliminación de eucaliptos de terras de concentración.
– Mobilidade e urbanismo: Programa “camiñando ó cole”, aparcadoiro cuberto e vixiado para bicicletas, bonificación do servizo de taxi á vila desde o rural, punto de carga eléctrica na parada de taxi.
– Cultura: Sá de exposicións, sá acondicionada de ensaio para grupos musicais na Vila, festa multicultural, proactividade na reapertura de locais para actuacións.



















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



