Doce foron os asistentes, dous profesores e 10 técnicos de empresas da zona. Segundo explica Álvaro Doural, presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, “o traballo realizado no curso estivo centrado nas distintas webs das marcas de automóbiles a nivel técnico, conseguindo datos para a diagnosis e mantemento de sistemas. Realizaronse actividades sobre vehiculos utizando a plataforma Passthru”. E engadiu que “a xornada estivo organizada en dúas partes perfectamente diferenciadas, pola mañá foi a parte conceptual e pola tarde a práctica”.
