Lugo, 21 de maio de 2019. O Pleno da Deputación aprobou este martes nunha sesión Extraordinaria por unanimidade as actuacións do Plan Único 2019. Está dotado con 24,5 millóns de euros para realizar investimentos nos 67 Concellos cos que impulsar as prestacións públicas, os servizos sociais e o emprego. Os 24,5 millóns de euros do Plan Único distribúense do seguinte xeito:
– 16,7 millóns de euros para novos investimentos, que representan preto do 70% dos 24,5 millóns do Plan Único. Estes fondos permitirán executar 329 obras de mellora en prestacións públicas dos 67 Concellos, ademais de xerar ou manter un mínimo de 1.000 postos de traballo para a súa realización.
– 3 millóns de euros para o Servizo de Axuda no Fogar a persoas non dependentes, que permitirá ofrecer atención profesional a uns 3.000 maiores da provincia, ademais da contratación dun mínimo de 300 profesionais a xornada completa e durante 1 ano. Con este orzamento ofrécense máis de 300.000 horas de atención profesional.
– 3,6 millóns de euros para a xeración de emprego, cos que a Deputación asume os custos laborais pola contratación duns 315 novos lucenses en paro nos Concellos co DEPUEMREPGO cos que reforzar as prestación e os servizos municipais que ofrecemos aos veciños. Todo isto, a través do DEPUEMPREGO.
-650.000 euros para a celebración de 55 citas turísticas e gastronómicas de 44 Concellos, que dinamizan a economía local.
– 490.000 euros para o desenvolvementos de 40 actividades culturais noutras 40 Concellos.
– 400.000 euros para o desenvolvemento de 60 iniciativas deportivas en 42 Concellos.
– 105.000 euros para administración electrónica
– 17.000 euros para financiar grupos de Protección Civil
A partir de hoxe mesmo, os Concellos poden solicitar un anticipo do 50% dos fondos que lles corresponden, o que permitirá inxectar 12 millóns de euros na provincia en xuño. Unha vez aprobado o Plan Único, así como a modificación orzamentaria, ábrese un prazo legal de 15 días para a presentación de alegacións. Transcorrido estes períodos poderanse ingresar nas arcas municipais dos 67 Concellos estes fondos.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



