Será este mércores 22 ás 21:00 h, na antiga Biblioteca. Darase a coñecer as liñas básicas do programa: Solicitar ampliación da estación de RENFE na rúa Nosa Señora do Carme, para deste xeito obter máis zonas de aparcamentos e mellora de servizos. Solicitar ó goberno do estado a implantación de servizos de consulado ou oficiña pública relacionada cos cidadáns caboverdianos para facilitarlles trámites burocráticos. Limpeza do depósito de rúa para abaratar os custes de auga do Concello.