Viveiro 24-5-19. O BNG de Viveiro parabenízase pola aprobación no Pleno da Deputación dunha moción solicitando terceiro xulgado de primera instancia e instrucción para o noso Concello. A moción presentada polo BNG, demanda este Xulgado para disponer dunha xustiza áxil e moderna, con recursos suficientes. O terceiro xulgado para Viveiro (que atende a 45.000 habitantes de O Vicedo, Ourol, Viveiro, Xove, Cervo, Burela e Foz) permitirá desconxestionar a Xustiza e é unha ferramenta imprescindible na loita contra a violencia machista, que permita dar unha resposta e protección inmediata ás mulleres vítimas, xa que moitas denuncias quedan no camiño pola dilatación no tempo destas. “Un informe do propio Ministerio de Xustiza indica se supera o 200% da carga de traballo” e os informes do Consello Xeral do Poder Xudicial ratifican a saturación, indica Antonio Veiga, deputado provincial do BNG.
A candidata á Alcaldía de Viveiro, Miriam Bermudez, indica que “estamos a dar os pasos necesarios para lograr o tan demandado terceiro Xulgado para o noso Partido Xudicial. Precisamos do terceiro Xulgado para poder garantir unha xustiza de calidade. Reclamámolo o pasado 26 de abril e vimos da man das traballadoras e traballadores da Xustiza como, pese ao gran esforzo e profesionalidade, non hai recursos suficientes. Neste sentido, o 30 de abril foi aprobada unha moción no Pleno da Deputación de Lugo presentada polos deputados do BNG. Isto permitirá disponer dos recursos e espazos necesarios, pois xa existe a cesión de locais anexos que hoxe están inutilizados. Sen embargo, as mulleres vítimas seguen agardando sentadas nunha sala sen acondicionar, chea de informes, para non cruzarse cos seus agresores. Confiamos en que co traballo e apoio de todas e todos esta situación mude próximamente.”
Bermúdez recorda que “a violencia machista non é unha materia pendente únicamente da Xustiza. No noso programa incluimos a elaboración dun Plan Municipal de Igualdade, no que abordamos a importancia da de educación na mocidade e adultos, a igualdade laboral ou o asociacionismo.”




















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



