Burela 30 de maio 2019. O sindicato nacionalista denuncia que durante esta mañá o Centro de Saúde de Foz tamén quedou sen sabanas pequenas que estaban a utilizar para paliar a falta de papel para as padiolas.
O uso de papel para padiola é importante xa que axuda a manter limpa e hixiénica a mesma. A idea deste papel é que se poida usar a padiola por diferentes pacientes e durante varias sesións da forma máis hixiénica posible, xa que permite o aseo rápido da padiola e evita que as padiolas se ensucien con fluídos corporais, suor etcétera.
O SERGAS, pola súa banda, negou categoricamente que se producise falta algunha e insistiu en que todo o material que se solicita recíbese. Con todo, desde CIG Saúde matizan a cuestión: “non é que se lles negue dispoñer de material, é que chega material escaso nos dous repartos ordinarios mensuais, se se fai un pedido urxente tarda en chegar e, mentres que iso sucede, si faltan cousas básicas para a atención sanitaria (agullas de extracción de adultos que provocan coagulación das mostras e atrasos na extracción e recollida das mostras, papel de mans, papel de padiolas, auga para esterilizar, bastóns para recoller mostras de exudados etc etc) . Os servizos xa non teñen capacidade de reacción á hora de pedilo desde que as subministracións centralizáronse e privatizaron para todo o SERGAS na plataforma loxística de Negreira, algo que non pasaba cando estaba xestionado publicamente a través dos 21 almacéns do SERGAS, un deles en Burela antes de privatizar e centralizar”, explican.
CULPA DOS XESTORES DA SANIDADE.
CIG Saúde acusa os xestores da EOXI de Lugo-Cervo_Monforte e ao Partido Popular de rabuñar de forma miserable nos custos, sen importar o sufrimento alleo, as molestias que ocasionan aos pacientes e os malos tratos psicolóxicos que supón para os profesionais non poder atender nunhas condicións mínimas.
SE NON É POLO SOBREESFORZO DOS PROFESIONAIS A SANIDADE PÚBLICA XA TERÍA CAÍDO.
A central nacionalista explica que a sanidade pública se mantén en pé grazas ao esforzo e traballo dos profesionais que nela traballan.
Desde CIG Saúde esixen o cambio da Lei Galega de Saúde para que se poña fin ás estruturas de xestión integrada, EOXI, e recuperar a xerencia da Atención Primaria. Tamén reivindican que se incremente a partida dos orzamentos para a Atención Primaria, que actualmente é dun 12 por cento do total da destinada a sanidade.
A IMPORTANCIA DA FOLLA DE RECLAMACIÓN COMO FERRAMENTA PARA DENUNCIAR.
Por todo o anterior, a central nacionalista anima a usuarios e usuarias a facer follas de reclamacións para denunciar esta situación que é debida única e exclusivamente ás políticas de recortes e privatizacións de quen dirixe a nosa sanidade pública.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



