A ceremonia de entrega de premios será o venres 21 de xuño na sede Endesa en Madrid. Proxecto Rebinxe é un traballo de ciencia cidadá coordinado por alumnado de diferentes cursos do IES San Rosendo de Mondoñedo. O seu obxectivo principal é a recuperación da biodiversidade na contorna rural, e para iso considera chave a implicación da veciñanza, asociacións, empresas e administracións.
![Proxecto Rebinxe, gañador da 3ª edición dos Premios Fundación Endesa á Ecoinnovación Educativa 2018-2019, na categoría 3](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2019/06/Captura-de-pantalla-2019-03-14-a-las-13.26.00.png)