Nota de Prensa
INSUA DI QUE LARA MÉNDEZ DEMOSTRA A SÚA “INUTILIDADE” E “NULOS COÑECEMENTOS” NA XESTIÓN DOS RECURSOS POLÍTICOS E DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
o O ex alcalde e presidente dos populares de Cervo, recórdalle á voceira socialista que a única concelleira presuntamente imputada por un órgano xudicial penal, segundo o que transcendeu nos medios de comunicación, é ela.
Cervo, 13 de marzo de 2010.- O presidente local do Partido Popular e ex alcalde do Concello de Cervo, José Insua, afirmou hoxe que a voceira e cabeza visible dos socialistas locais, Lara Méndez, “non fai máis que demostrar unha inutilidade na xestión dos recursos políticos e un nulo coñecemento do funcionamento da xestión pública”.
Segundo o máximo máximo responsable da agrupación popular en Cervo, os “nulos coñecementos” da socialista demóstranse “porque parece ser que non é capaz de entender que as cantidades percibidas por min e pola señora Pilar Armada ás que se refire ela e os seus compañeiros de partido foron debido a erros humanos do servizo de intervención municipal e nunca se abriron dilixencias nin expedientes por estes feitos. Simplemente se solucionaron cando se detectaron os erros”.
Neste senso Insua asegurou que o goberno do PP de Cervo non cobrou un euro sen que fora aprobado polos órganos colexiados. “Si houbera unha advertencia de que podíamos estar cometendo algunha irregularidade, está claro que non íamos aprobalo”.
O ex alcalde e dirixente do PP local botou de menos tamén que os socialistas non digan abertamente as cantidades que foron percibidas de xeito erróneo por el e pola concelleira Armada, “A cantidade total ascende á irrisoria cifra de 107,82 euros e o feito de que non o fagan público amosa a súa mala fe e a súa intención de terxiversar e ensuciar o bo nome dos populares” afirmou Insua.
As cantidades en concreto foron:
o 73,26 euros de indemnizacións á concelleira Pilar Armada (36,63 €) e ao anterior Alcalde , José Insua (36,63 €), que foron aboadas debido a un erro involuntario dos funcionarios do Servizo de Intervención e cuxa cantidade foi reintegrada no momento de detectarse o erro cos correspondentes intereses de demora.
o 34,56 euros percibidos por duplicado polo ex alcalde e que ao igual que no anterior caso, foron devoltos cando se constatou fehacientemente que se debeu a errores administrativos dos servizos de tesourería e Intervención municipal.
“Vista a mareante cifra coa que se escandalizan os socialistas non podemos máis que preguntarnos se acaso o que quería a señora Méndez era que abriramos un expediente de investigación para depurar responsabilidades entre os traballadores municipais. Dende o Partido Popular sempre traballamos con rigor e honestidade, e sabemos distinguir un erro da mala fe. Por iso sempre estivemos e estaremos ao lado dos traballadores municipais deste Concello” recalcou o ex alcalde.
Insua quixo lembrar tamén que a día de hoxe “e mal que lles pese algúns”, a única concelleira presuntamente imputada por un órgano xudicial penal, “segundo o que transcendeu nos medios de comunicación”, é a voceira dos socialistas locais. “Pese a que nós presumimos a súa inocencia e desexamos que se aclaren todas as dúbidas que sobre a súa actuación pesan -porque nos negámonos a facer xuízos de valor- si lles pediríamos que polo menos nin ela nin os seus compañeiros de partido se atrevan a dar leccións a ninguén” dixo.
INUTILIDADE NA XESTIÓN DE RECURSOS POLÍTICOS
O presidente dos populares en Cervo sinalou tamén que Méndez tense caracterizado dende que entrou na política activa e con responsabilidade de goberno na Deputación pola súa “inutilidade” na xestión dos recursos políticos para este concello. “Nestes tres últimos anos os veciños de Cervo son sobradamente coñecedores disto” recalcou o dirixente popular.



















Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



