Ribadeo, 15 de xuño de 2019. Daniel Vega asegura que “xa está ben de botar as culpas a outras administracións da falta de organización do Goberno ribadense”. Así o manifesta o deputado no Parlamento galego e portavoz popular de Ribadeo en relación ás críticas de Suárez Barcia aos requirimentos da Xunta de cara á contratación de persoal para o servizo de salvamento nas praias cando “é de competencia municipal e, aínda así, a Xunta apoia aos Concellos financiando a contratación de socorristas e tamén a formación destes profesionais de forma totalmente gratuíta previa solicitude das entidades locais”.
Vega lamenta que “Fernando Suárez non solicita esta formación, desaproveita esa oportunidade e aínda por riba bótalle a culpa á Xunta cando a administración autonómica imparte tódolos anos accións formativas dirixidas preferentemente a persoas desempregadas sen que lle custe nin un só euro ao Concello nin ao alumnado participante”. Estes cursos, que dan dereito a obter o certificado de profesionalidade que habilita a exercer a actividade de socorrista, “pretenden, precisamente, contribuír a paliar a carencia de candidatos”, explica.
O popular pon como exemplo outros Concellos da Mariña como é o de Xove onde “non teñen ningún problema para a contratación de socorristas porque previamente teñen solicitado e impartido o curso de formación esixido”.
Daniel Vega cre que “Suárez Barcia non fixo o traballo que lle correspondía” e, polo tanto, deixa claro que “de producirse algún problema durante o verán nos areais ribadenses, o único responsable será o propio Suárez Barcia”, conclúe.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



