Burela, 17 de xuño de 2019. O vindeiro mércores, 19 de xuño, a Escola Municipal de Música de Burela celebrará xunto cos colexios de primaria da localidade o Día Mundial da Música. Iniciado en Francia en 1982 como Festival de Música e establecido como celebración europea en 1985 (Ano Europeo da Música), cada solsticio de verán o 21 de xuño a Unión Europea celebra un día dedicado a promover o intercambio cultural entre os pobos.
Segundo o director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, “o seu obxectivo é promover que se organicen concertos na rúa, independentemente do seu estilo ou orixe, polo que se invita a todo o mundo a colaborar neste evento”. E engade que “aínda que o día oficial estableceuse o 21 de xuño, para non coincidir co remate do curso escolar, os organizadores creron adecuado trasladalo ao 19 para que puideran participar os centros de ensino”.
Os actos iniciaranse ás 12.00 horas na Praza da Mariña coa interpretación de dúas cancións executadas conxuntamente por alumnos dos Ceips Vista Alegre, Virxe do Carme e a Escola Municipal de Música.
A celebración continuará cun concerto ofrecido pola Escola de Música ás 20.00 horas no Auditorio da Casa da Cultura onde actuarán as distintas agrupación: a Banda, a Orquestra, Coro, Grupo de Jazz, de Rock, agrupacións infantís, etc.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



