Barreiros, 26 de xuño de 2019. O Concello de Barreiros organiza a I Xornada de Voluntariado Verde, unha cita que ten por obxecto o adecentamento de espazos verdes do municipio, así como doutros lugares de esparexemento. A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “o pasado 5 de xuño tivo lugar o Día Mundial do Medio Ambiente, unha cita que convida a pensar na necesidade de prestar atención ao entorno natural e previr ou minimizar as accións que o impactan, así como a poder desfrutar do medio natural, a mantelo en bo estado e a que todas as persoas actúen en pro disto”.
Nesta primeira ocasión, coincidindo co comezo da época estival, será a zona de praias o lugar no que se desenvolverá esta actividade; mais prevese continuar por outras, tanto de importancia turística como o entorno do Camiño de Santiago, como por zonas residenciais habituais.
En palabras de Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros “case todas as persoas podemos poñer o noso grao de area contribuíndo a crear un mellor espazo de convivencia. Neste caso, tamén pola situación de deixadez na que se atopa o noso municipio e a imposibilidade de facer fronte con máis premura e medios, consideramos que esta debía ser a primeira acción do voluntariado, pois todas as persoas podemos ser usuarias destes espazos e agradecemos cando os atopamos en bo estado”.
Desde o Concello prevese tamén continuar nesta liña de mantemento de espazos limpos mediante labores de concienciación e sensibilización co medio ambiente, especialmente no que respecta á recollida de residuos, e de forma máis inminente e insistente na zona de praias e en período estival, debido ao elevado volume de persoas que fai uso destas zonas.
Con esta primeira acción, o Concello de Barreiros quere reimpulsar a xa existente Rede Local de Voluntariado. Ademais do voluntariado verde, cabe a posibilidade de tomar parte noutras actividades relacionadas coa dinamización social ou a asistencia e colaboración con persoas maiores ou en situación de dependencia. Calquera persoa que desexe participar poderá facelo en todos aqueles ámbitos que queira.
A implicación veciñal para que Barreiros volva a brillar
Desde o Concello animan a tomar parte nesta acción e, tal e como apunta Ana Ermida, “facemos falta todas e todos para que Barreiros volva brillar. E estamos a apreciar moitas ganas de aportar por parte de moita xente, ganas de ver un Barreiros mellor, con ilusión. Hai moitas veciñas e veciños que nos están a trasladar a súa disposición a colaborar, e o que se pretende é aproveitar este voluntarismo en beneficio de Barreiros”.
O prazo para anotarse no grupo de voluntariado xa está aberto. Pode facerse de forma presencial no Concello, no teléfono 982.12.40.02 ou online, pinchando aquí: https://forms.gle/C6i6kTcPxf2Qh7om6
As persoas que desexen solicitar máis información poden facelo escribindo a info@concellodebarreiros.com



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



