Ribadeo, 12 de xullo de 2019. O programa do VI Ribadeo Indiano preséntase cunha variedade de eventos que deron comezo coas antevésperas e as vésperas. Este sábado, 6 de xullo, iniciase un ciclo de cine cubano que se desenvolverá ata o vindeiro martes, día 9.
Este ciclo cinematográfico será presentado este sábado polo Cónsul da República de Cuba en Galicia, Ángel Torres Jaime, e as proxeccións serán no Teatro de Ribadeo, ás 23:00 horas o sábado e domingo, e ás 21:00 horas o luns e martes. Habanastation, Clandestinos, Un hombre de éxito e Fresa y chocolate son os filmes que se proxectarán.
O venres, 12 de xullo, ás 19:00 horas no Teatro celebrarase a presentación do VI Ribadeo Indiano que correrá a cargo do alcalde, Fernando Suárez; o Cónsul da República de Cuba en Galicia, Ángel Torres; o Cronista Oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez; e o presidente de Acisa, Francisco Iriarte. Ás 19:15 horas terá lugar o pregón que ofrecerá o arquitecto ribadense, que é un grande coñecedor da construción civil indiana, Ernesto Cruzado Estévez.
Tamén o venres ás 19:45 horas o internacionalmente recoñecido músico Compay Segundo ofrecerá a representación musical De ida e volta e ás 20:00 horas será a tradicional baixada ao porto de Porcillán. No peirao haberá actuacións teatrais e musicais e a música volverá soar no quiosco do Parque de San Francisco ás 22:30 horas coa actuación do grupo Habana Café e ás 00:00 horas co grupo A lo cubano.
O sábado 13 entre as 10:30 e as 11:30 horas na Sala de Exposicións do Parque de San Francisco terá lugar a recepción dos/as artistas participantes no Certame Benéfico de Pintura ao aire libre Ribadeo Indiano. Ás 11:00 horas, no barrio de San Roque, procederase á apertura do Mercado de Produtos de Ultramar; e ás 12:00 horas, na praza de abastos recibirase aos luxosos coches de época, que por segundo ano consecutivo chegarán a Ribadeo.
Ademais o sábado ás 20:30 horas celebrarase o tradicional Festival de Habaneras e Música Hispanoamericana Ría de Ribadeo no que actuarán xunto á Coral Polifónica de Ribadeo a Agrupación Polifónica Centro Asturiano de Avilés e a Coral Polifónica Airiños da Capela de Ferrol.
O domingo, 14 de xullo, ás 10:00 horas na praza de abastos celebrarase o Mercado da Horta dos Domingos. E ás 12:30 horas no barrio de San Roque haberá unha exhibición de vehículos clásicos. Ademais ás 13:00 hora, dará comezo a subasta benéfica dos cadros do Certame de Pintura ao aire libre. Os ingresos recadados irán destinados ao hospital Hijas de Galicia da Habana. Ás 14:00 horas no Círculo Habanero da Devesa, celebrarase o popular xantar campestre, ao que precederán e seguirán varias actuacións musicais, un paseo cultural e unha mostra de dominó.
O broche de ouro a esta VI edición do Ribadeo Indiano poñerao o Grupo Compay Segundo-La Leyenda del Chan Chan coa actuación que ofrecerá a partir das 20:30 horas no barrio de San Roque.
Finalmente ás 22:00 horas no mesmo escenario terá lugar o sorteo presencial da viaxe a Cuba para dúas persoas cuxas rifas se reparten desde hoxe, día 4, nos establecementos comerciais e hostaleiros que se adheriron a esta campaña.
O programa íntegro pode atoparse na web indiano.ribadeo.org
A contra atrás para o inicio do VI Ribadeo Indiano xa deu comezo.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



