Cervo, 24 de xullo de 2019.- O Concello de Cervo acolleu no día de hoxe a clausura e entrega de diplomas do obradoiro de Emprego “Sendas de Burela, Cervo e Xove V”, que se prolongou durante 9 meses e cuxa entidade promotora foi, neste caso, esta administración municipal; coa asociación dos concellos veciños.
O acto tivo lugar na Casa do Mar de San Ciprián e contou coa participación do rexedor cervense, Alfonso Villares, o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro e o alcaldes de Xove, Demetrio Salgueiro; ademais do edil de Formación e Emprego, David Rodríguez, e da concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez.
Tal e como xa se precisou, o Concello de Cervo promoveu neste ocasión este taller compartido subvencionado pola Xunta de Galicia cunha aportación de 288.807 euros, no que se formaron, en total, 20 persoas desempregadas -7 alumnos en Cervo e 7 en Burela, que se formaron en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e mantemento de zonas verdes; e 6 en Xove que recibiron nocións sobre operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción.
Villares quixo poñer en valor o gran traballo levado a cabo tanto polo alumnado como polos monitores e “a súa gran contribución na mellora e acondicionamento das nosas zonas verdes, dos nosos espazos públicos”.
O rexedor recordou que os traballos centráronse fundamentalmente no acondicionamento da fonte do parque Reina Sofía, na contorna da Escola Infantil Municipal, dos exteriores das Escolas Vellas de Cervo e do Conxunto Histórico de Sargadelos; ademais da creación dunha composición ornamental na contorna da Capela de San Cibrao, no Porto de Arriba, e diferentes traballos de roza, poda ou plantación de especies de tempada.
Villares destacou a importancia que ten neste caso a colaboración institucional que “nos permite impulsar, grazas á inversión da Xunta de Galicia, este tipo de programas que contribúen enormemente a mellorar a empregabilidade dos participantes ofrecéndolles unha formación teórico-práctica de calidade da man de profesionais cualificados”.
Un curso –engadiu-, “que lles permitiu reforzar os seus coñecementos, e adquirir novas competencias nun oficio que ten proxección práctica na nosa zona; unha formación que pode impulsar tamén o emprendemento ao facilitarlles as ferramentas coas que poderían iniciar os seus propios proxectos”.
Ademais de favorecer a inserción laboral os participantes fan un importantísimo labor nos nosos termos municipais, tal e como puidemos constatar durante todos estes meses “xa que desenvolven diferentes tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas; das que toda a veciñanza pode desfrutar”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



