Burela, 26 de xullo de 2019. Burela presentará a Feira do Bonito e Produart en Lugo nun acto que se celebrará o 30 de xullo ás 12:30 horas na praza de abastos. Á presentación acudirán hostaleiros e tamén representantes de Absa, da OPP, de Ledicia e do Concello burelés. A continuación terá lugar unha degustación.
O alcalde, Alfredo Llano, lembrou que “xa se fillo no Concello de Burela a presentación da Feira do Bonito e de Produart a nivel local, e agora queremos facer unha presentación un pouco máis ampla o próximo martes, 30 de xullo, ás doce e media na praza de abastos de Lugo. É un lugar singular e importante para Lugo e a provincia, todo o mundo coñece a praza de abastos de Lugo, e ademais ten moito que ver tanto coa Feira do Bonito como con Produart. Parécenos un bo espazo para facer esta presentación”.
O rexedor sinalou que “imos invitar a todas as institucións, asociacións de hostalería e a todo aquilo que poidamos abarcar para que acudan. Estará Ledicia e representantes do Concello de Burela, de Absa e da OPP. Imos facer tamén unha degustación para que se aprecien as diferentes formas que hai para preparar este túnido”.
Alfredo Llano salientou que “hai que ter en conta que este ano queremos dar a máxima información sobre esta feira dado que acadou o título honorífico de festa de interese turístico nacional. Produart tamén é unha exposición que se fai paralelamente de produtos artesás e ecolóxicos que complementa e fai máis interesante esta invitación a acudir a Burela a primeira fin de semana do mes de agosto”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



