Ribadeo, 12 de agosto de 2019. Este martes haberá dous plenos extraordinarios no Concello de Ribadeo. Na sesión convocada para ás 20:30 horas abordaranse cuestións coma os festivos locais do ano 2020, que serán o 25 de febreiro (martes de Antroido) e o 8 de setembro (día da patroa); así como varias modificacións de crédito para levar a cabo actuacións de mellora na Casa da Cultura ou obras en camiños rurais de Covelas e da Devesa.
O rexedor explicou que “nun destes plenos que temos previstos para mañá trataremos varios puntos. O primeiro deles é a fixación dos festivos locais para o ano 2020, destes dous festivos que os Concellos podemos determinar vamos propoñer o 8 de setembro, que é o día da patroa, e o martes de Antroido, o 25 de febreiro, porque no ano 2020 o outro día que habitualmente se fai festivo local, que é o día de San Roque, cadra en domingo e polo tanto xa non fai falta que o Concello o declare como festivo local. Polo tanto en 2020 teremos tres, que serán a patroa, San Roque e o martes de Antroido”.
Suárez Barcia contou que “tamén no pleno vamos levar adiante varios puntos que son basicamente modificacións de partidas orzamentarias para traspasar recursos de onde non se prevé que se necesiten no resto do ano para outras partidas nas que si van facer falta, concretamente para facer actuacións de mellora na Casa da Cultura, para combater determinadas humidades que ven arrastrando desde hai tempo, así como para realizar unha extensión do programa de mellora de vías de comunicación municipais nas parroquias de Covelas e A Devesa, que se veñen sumar a todas estas actuacións que nos vindeiros días iniciaremos tamén deste tipo de melloras en vías de comunicación municipais en todas as parroquias do concello”.
O alcalde ribadense engadiu que “tamén levaremos ao pleno, tal e como dixemos tempo atrás, unha declaración de non dispoñibilidade de crédito nas obras do estadio Pepe Barrera. Isto quere dicir que, tal e como se anunciou hai un par de meses, o Concello dispuxo de todo o montante económico para actuar no campo de fútbol Pepe Barrera, onde se están facendo unhas obras moi importantes cunha cantidade económica tremenda, 421.000 euros, e daquela o Concello puxo todo da nosa hucha para a execución das obras e que non se demorase máis do debido por cuestións administrativas. Hai que recordar que outras dúas administracións se comprometeron a poñer algo de financiamento: por unha banda a Deputación e por outra a Xunta de Galicia. Daquela a Deputación anunciou e cumpriu tamén coa sinatura dun convenio coa cantidade de 140.000 euros. Pois agora polo tanto da cantidade total que puxemos desde o Concello, dos 421.000 euros que viñeron do remanente de Tesourería, é dicir da nosa hucha, imos volver nela a cantidade de 140.000 euros que nos dá a Deputación porque está asinado o convenio con todas as garantías; non así aínda podemos dicir o mesmo da asombrosa cantidade, de 46.000 euros dos 421.000, que se comprometeu a poñer a Xunta de Galicia porque a día de hoxe aínda non o temos confirmado. En todo caso vamos paso a paso e o que temos confirmado, que é o da Deputación, ese diñeiro volvemos metelo na nosa hucha para futuras actuacións”.





















A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



