NOTA DE PRENSA
O coordinador comarcal do BNG descualifica ao deputado popular nun medio de comunicación por defender que se deixe traballar á xustiza
BALSEIRO EMPRAZA A ANTÓN VEIGA A DIMITIR POR EMPREGAR O INSULTO ANTE A CARENCIA DE ARGUMENTOS E POR NON RESPECTAR Á XUSTIZA AO PROMOVER XUÍZOS PARALELOS CONTRA O GRUPO DE GOBERNO DE BARREIROS
* “Gústelle ou non escoitalo, o BNG é o instigador do conflito urbanístico de Barreiros, e iso o saben ben todos os veciños”-explica Balseiro
* Por coherencia coa argumentación mantida polo nacionalista, Antón Veiga deberá marcharse do Goberno da Deputación ou requirir o cese dos dous deputados provinciais sobre os que existe unha imputación xudicial, “pero isto non o fai incorrendo en manifesta contradición”
Santiago, 18 de marzo de 2010.- O deputado do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol entende que, cando un cargo público como é o caso do nacionalista Antón Veiga se ve obrigado a empregar o insulto como os que no día de hoxe dirixe contra a súa persoa a través dun medio de comunicación, demostra tres cousas: que non é digno nin merecedor do cargo que ostenta, que non ten argumentos para defender a súa postura e polo tanto acude á descualificación e finalmente, que posúe grandes doses de ignorancia política na forma de actuar, no xeito de proceder. Todas estas razóns sérvenlle ao deputado popular para concluír que o mellor que podería facer o dirixente nacionalista, “por respecto aos seus veciños” era “marcharse para a súa casa” pois personaxes que “teñen que recorrer ao insulto sobran na política e son propios doutros tempos caducos, rancios e anticuados”
Segundo Basleiro é máis que evidente que Antón Veiga desde o BNG está a intentar que se produza un xuízo paralelo contra o alcalde de Barreiros e a Comisión de Goberno deste concello. O deputado popular censura que antes de que se teña pronunciada a xustiza os nacionalistas requiran explicacións e insiste na idea manifestada no día de onte de que hai que deixar traballar á xustiza e respectar en todo momento a súas actuacións.
BNG: INSTIGADORES DO CONFLITO
“Gústelle ou non escoitalo, o BNG é o instigador do conflito urbanístico de Barreiros, e iso o saben ben todos os veciños”-explica Balseiro. Lembra que o voceiro nacionalista remitiu unha carta á Xunta bipartita emprazándolle a paralizar as construccións que neste concello se estaban a dar e que, polo tanto é un dos promotores da parálise actual. En todo caso e, en relación con este asunto Balseiro emprazo aos nacionalistas a manter un debate público “onde, cando e como queiran” no que poidan explicar “quen é este señor politicamente e cal foi a súa forma de actuar en todo este asunto”
RECLAMA COHERENCIA
Ademais disto Balseiro reclama coherencia a Antón Veiga nos seus argumentos. Lémbralle que segundo transcendeu nos medios de comunicación, hoxe dous dos seus compañeiros do Goberno provincial están sometidos a unha imputación xudicial e, “o coherente sería que este señor ou ben reclamara o cese destes dous compañeiros que aínda non deron as explicacións oportunas sobre esta cuestión, o ben que fora el quen se marchara do Executivo provincial do que forma parte, ainda que con nula presenza e poder de decisión” En todo caso, Balseiro non entra a prexulgar a estas dúas persoas sobre as que podería pesar unha imputación xudicial e das que respecta a súa presunción de inocencia, a diferenza do que está a facer o BNG co grupo de Goberno de Barreiros.
ANTÓN VEIGA MINTE
Finalmente, Balseiro aclara que nas pasadas eleccións municipais non interveu en ningún mitin no tele club de Barreiros, no que anunciara que o conflito urbanístico deste concello se solucionara nun “plis-plas”, unha das moitas manifestacións falsas efectuadas por Antón Veiga nas súas declaracións públicas e unha mostra máis da nula credibilidade do coordinador comarcal nacionalista.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



