Ribadeo, 20 de agosto, 2019. O pasado sábado, 17 de Agosto, produciuse un fenómeno un tanto rechamante, no carón da Illa Pancha, relatado por unha persoa de Ribadeo presente naquel intre e lugar. O relato é o seguinte: mais de cincuenta persoas de fala castelá e orixen descoñecido axuntábanse perto da illa sobre as seis e media da tarde. Nesto que chega un auto de alta gama, descapotable, con duas persoas e a porta da illa ábrese deixando entrar ao coche para volverse pechar deseguido. Os visitantes alí presentes, comezaron a preguntarse, algún en outa voz, qué era aquelo, se era unha propiedade privada ou un espazo público. Foi cando chegaron os nosos comunicantes e informaron brevemente aos turistas dos antecedentes xa coñecidos polos lectores. Os foráneos alucinaban e non paraban de declarar a sua desafección polo peche da porta e a privatización dun espazo tan fermoso.
Estes son os feitos e non imos entrar en interpretacións mais alá de suliñar a sensación de que a publicidade e a difusión nas redes traguerá cada vez mais visitantes ao faro co desexo de acceder á Illa Pancha. Parece lóxico que trala publicidade, os turistas desexen exercer o seu dereito constitucional e legal a entrar nunha illa pertencente ao patrimonio público, e de ahí se deriva que os visitantes perciban que o seu dereito está sendo conculcado por unha práctica imposible de explicar e de entender: o feito de que o concello de Ribadeo teña concedida a licencia de actividade ca condición de que a porta esteña aberta ao público en xeral, pero este acceso siga reservado aos que aluguen habitación nos apartamentos. O ridículo non pode ser mais espantoso, a opacidade intenta xogar o papel de tapadeira, pero non o consigue.
Polo demais informamos que a nosa denuncia á fiscalía sobre o acceso e a licencia foi admitida a trámite e está sendo investigada, se ben probablemente neste mes de agosto non haxa novedades. O próximo contacto ca secretaría da fiscalía do Xuzgado de Mondoñedo témolo a meiados de setembro.
COLECTIVO POR NUESTRO FARO























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



