SANTIAGO .- Coincidindo co Día Forestal Mundial ou Día da arbórea, asociación ecoloxista ADEGA aporta dez ideas que benefician os bosques sen ter que saír ao monte a plantar unha árbore.
REFERENCIA
21 de marzo: outras propostas para celebrar o Día da Árbore
Día Forestal Mundial ou DÍA DA ÁRBORE celébrase cada 21 de marzo coa intención de impulsar a protección e coidado dos nosos bosques. Nesta data, é xa tradicional realizar plantacións, como a que ADEGA-Alto Ulla organiza en Ramil (Agolada) ou ADEGA-Trasancos no Piñeiral de Cabanas. Porén, e aínda que a todos/as gostarianos contribuir plantando unha árbore, moitas veces non podemos por cuestión de tempo ou de espazo. Por iso, dende ADEGA propoñoemosche 10 ideas para poñeres en prática e que redundan en beneficios para os bosques sen ter que sair ao monte a plantar un carballo ou un castiñero (que tamén).
A primeira actividade de plantación desenvolverase o mesmo domingo 21 de marzo na finca integrada na Rede de Custodia do Territorio, a “Zarra da Costa”, no lugar de Ramil (Agolada, Pontevedra), e ao carón das instalación da Eira da Xoana de ADEGA (ver mapa). Continuaremos cos traballos encetados o ano pasado, dando un repaso á plantación anterio, plantaremos castiñeiros e cerdeiras, e eliminaremos as invasoras: acacias e eucaliptos. Con todo, aproveitaremos o que teñen de bon as mimosas, as súas flores, que están agora no momento máis aromático e espectacular: cadaquén poderá levar as que queira, pois hai abondo. Iso si, coidarémonos moito de non espetar ningunha das súas pólas no chan, por pequena e feble que pareza, pois os “gromos” ou “rebentos” poderian inzar, invadindo todo o terreo. Crearian así un grave problema que nos obrigaria a ter que eliminalas de novo.
PROGRAMA
Día: domingo 21 de marzo
Lugar: quedamos na Eira da Xoana, no lugar de Ramil, (Agolada). Ver mapa.
Horario:
10:30 h Inicio da actividade.
14:00 h Pausa para xantar.
15.00 h Continuación da actividade e roteiro pola contorna da Eira da Xoana
19.00 h Remate.
Nota: Cadaquén traerá a sua propia comida que, se queremos, compartillamos, nunha xornada de convivio e, con certeza, de bon humor.
Contacto: Marcial Barral. Marcial Barral, vogal de montes de ADEGA. Tel.: 638 475 322
Materiais: por conta da organización (aínda que se recomenda levar luvas)
A segunda actividade terá lugar en Cabanas (A Coruña) no coñecido Piñeiral a carón da praia. Alí, xunta con outros colectivos da comarca, realizaremos unha plantación desagravio pola tala indiscriminada realizada por Costas no Piñeiral de Cabanas.
Lugar e hora: Quedamos ás 11 h no areal d’A Madalena en Cabanas. Ademáis da plantación de árbores, haberá xogos populares, lecturas, música d’Os Gaiteiros cos Piñeiros, etc.
Máis información: Salvemos o Piñeiral d’A Madalena (Facebook).
E se non podes participar, non importa porque con estas 10 IDEAS poderás contribuir á conservación dos bosques todo o ano:
1º Usa papel reciclado: o papel reciclado evita que se corten árbores. Levar o papel vello ao contentor azul e mercar e empregar papel reciclado habitualmente evita que se teñan que cortar novas árbores, realizar monocultivos… así como aforrar enerxía e auga. Hoxe en día existen moitas calidades e tipos de presentación de papel reciclado; reciclado normal, para fotocopiadora, en cadernos, etc., a un prezo semellante ao papel de pasta de árbore. Non debemos confundir o papel reciclado co ecolóxico, este último é o que se realiza con pasta virxe de árbore pero se blanquea sen cloro, produto moi contaminante.
2º Solicita unha compra verde de papel reciclado ao teu concello, empresa, etc: as compras verdes implican criterios medioambientais xunto aos de adxudicar a compra dun ben/ou servizo a un licitador. Para facilitar as mercas sustentabeis referidas ao papel as empresas, concellos, etc, poden propoñer diferentes criterios ambientais: revisar as especificacións de compra e contratos, demandar aos proveedores información sobre alternativas ecoloxicas, etc. Gobernos como o de Aragón ou Catalunya xa o fixeron, e concellos como Zaragoza, Barcelona, Córdoba, Pamplona, etc, ou as Universidades de Valencia, Autónoma de Madrid, Politécnica de Barcelona… tamén. Para cando unha entidade galega nesta listaxe?. Se tes un posto de responsabilidade pon en marcha esta iniciativa senon, demándaa.
3º Apúntate ao voluntariado forestal: o voluntariado ambiental é unha das maneiras que a cidadanía ten de participar na conservación do medio. Dende diversas administracións, concellos, universidades, ONGs, etc. estanse a realizar actividades de voluntariado para a recuperación e mantenemento do noso patrimonio forestal. Infórmate en ADEGA. Hai moitas maneiras de conservar o noso patrimonio forestal.
4º Merca productos co selo FSC: a eco-etiqueta FSC que lucen algúns productos indica que procede dunha explotación forestal ambientalmente apropiada, socialmente xusta e economicamente viábel. A finalidade desta certificación é mellorar a xestión dos bosques e asegurar un mercado para estes produtos.
5º Que as árbores non te impidan ver o monte, e as dunas, e as matogueiras…: as árbores son as especies típicas que se plantan neste día forestal, pero pensa que o bosque é un ecosistema máis dos moitos que temos na nosa terra (dunas, turbeiras, montañas, etc). Se non podes celebrar hoxe o día da árbore seguramente poderás participar outro día en proxectos de recuperación de flora dunar, repoboación de bosques de ribera ou na eliminación de especies invasoras.
6º Evita as madeiras tropicais: a hora de mercar un moble evita as madeiras tropicais, moitas delas proceden da extracción ilegal, nas que ademáis de arrasar con bosques enteiros expulsan as poboacións indíxenas que dende fai centos de anos ocupan esas terras. Merca mobeis antigos, de segunda man ou de plantacións co selo FSC.
7º Reutiliza a madeira vella: a hora de facer traballos da horta ou no xardín emprega madeiras vellas ou usadas. As táboas dun palé usado ben poden empregarse para facer un pequeno valado ou un composteiro. Recorda que o “R” de reusar é a seguinte en importancia logo do “R” de reducir.
8º Reivindica plantacións con árbores autóctonas: antes de organizar unha plantación pensa que especies vas plantar, onde, consigue os permisos e mira a lexislación sobre as distancias até as casas, as fontes, etc. Moitos concellos están a sacar ordenanzas municipais nesta liña.
9º Colabora na eliminación de especies invasoras: moitas especies alóctonas están a desprazar e invadir espazos de vexetación autoctona. Colabora con ADEGA na erradicación de especies invasoras.
10º Faite socio/a de ADEGA: a participación nunha entidade ecoloxista é unha maneira máis agradábel e proveitosa de loitar contra as agresións ao medio. En compaña os traballos son máis levadeiros e xuntos/as podemos facer máis cousas. Os incendios forestais, as talas indiscriminadas, os monocultivos, a perda da fertilidade do chan, e otras actividades humanas está a reducir de maneira considerábel os bosques.
Apúntate a ADEGA: dende o ecoloxismo sumando forzas podemos evitalo.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



