Viveiro, 29 de agosto, 2019. SON Viveiro-SON en Común vén de instar ao goberno local a que proceda á apertura dun espazo público que na actualidade figura pechado cunha cancela.
En palabras do seu portavoz, Luís Manuel García Otero, “trátase dun terreo situado ao remate da ponte da Misericordia e fronte ao Pazo do mesmo nome. É unha zona de titularidade municipal que se atopa en perfecto estado e que pode ser destinada a numerosos usos”.
A parcela, que se identifica cos números 21 e 22 no informe da cartografía catastral, está rodeada por un muro, foi ocupada durante o tempo que durou a reforma do edificio contiguo e conta, ademais, cunha rampla de acceso á beirarrúa que, segundo SON Viveiro-SON en Común, é necesario retirar.
“O carácter público da finca debe estar convenientemente sinalizado e solicitamos o libre acceso á mesma, polo menos durante o día, para que os veciños e as veciñas que o desexen poidan gozar dela. Non ten sentido que espazos coma este permanezan infrautilizados”, sinala García Otero.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



