Burela, 31 de agosto, 2019. O Pescados Rubén Burela FS estreou o seu periplo italiano con bo pé, selando o pase á final do 4 Nations Fusal Women’s Cup de Milán cunha clara vitoria sobre o Laguna Uor de Rusia (2-9). As Guerreiras Laranxas pelexarán mañá, ás 13.00 horas, polo título fronte ao gañador da segunda semifinal, entre o anfitrión, Kick Off C5 Milano, e o ucraíno Budstar FSF. A cita poderá seguirse a través da páxina de Facebook Divisione Calcio a Cinque.
As campioas do I Copa de SM A Raíña encamiñaron a cita nos primeiros compases, con diana da artilleira Peque, que xa ampliou vantaxe antes do ecuador da primeira parte. Cilene puxo o terceiro antes do descanso. No regreso á pista, Jenny Lores deu outro golpe de autoridade fronte a un rival que puido reducir distancias pouco despois. As pupilas de Julio Delgado non estaban dispostas a ceder e demostrárono coa súa finalización letal; do 1-4, en tan só un minuto ampliaron ata o 1-8, nas zapatillas de Ale de Paz, Luci, a meta Jozi e Lara Balseiro. Krupina volveu ter fortuna para mitigar o mazazo español, no 36, aínda que de pouco lle serviu. A tres minutos para o descanso foi a brasileira Jane a encargada de clausurar o triunfo co definitivo 2-9.
Ficha técnica
Laguna Uor: Navozova, Rodkina, Samaiilova, Chernova, Alemaikina, cinco inicial; tamén xogaron Margaryan, Enina, Samoilova, Krupina
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Peque, Cilene, Ale de Paz, cinco inicial; tamén xogaron Jenny Lores, Jenny, Lara Balseiro, Jane, Luci, Bea Mateos, Jozi
Goles: 0-1, minuto 2, Peque; 0-2, minuto 9, Peque; 0-3, minuto 14, Cilene; 0-4, minuto 27, Jenny Lores; 1-4, minuto 28, Krupina; 1-5,minuto 29, Ale de Paz, 1-6, minuto 29, Luci; 1-7, minuto 29, Jozi; 1-8, minuto 30, Lara Balseiro; 2-8, minuto 36, Krupina; 2-9, minuto 37, Jane
Árbitros: Luigi La Sorsa (Milano) // Silvia Volonterio (Como)
Incidencias: Primeira semifinal do 4 Nations Futsal disputada no Palazetto dello Sport de Milán






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
