Viveiro, 10 de setembro, 2019. O 28 de maio de 2019, xusto despois da celebración das eleccións municipais, solicitei unha reunión co Alberto Núñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia, para tratar sobre determinados asuntos de especial relevancia para este concello que se atopaban pendentes de resolución por parte da administración autonómica, como é o Plan Xeral de Ordenanción Municipal, a Vía de Alta Capacidade da Costa Norte ou o saneamento da ría; por outra banda, quería tamén falar sobre os diferentes proxectos anunciados para Viveiro, por parte da Xunta de Galicia e o candidato á alcaldía polo PP, durante a pasada campaña, como é a colaboración desa administración con respecto ao Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, a reconstrucción de Xunqueira, a conexión de Viveiro con Cabreiros, o Museo da Semana Santa ou a mellora, reorganización e humanización da fachada marítima de Viveiro.
Un mes despois, o 28 de xullo de 2019, puxémonos en contacto novamente co gabinete do Presidente para saber se había algunha previsión con respecto á data na que podía ter lugar a reunión solicitada e para engadir un novo asunto aos temas a tratar. A semana pasada volvimos a poñernos en contacto con Presidencia para preguntar novamente pola data da reunión.
Ao longo destes meses, afortunadamente, algúns dos temas foron fluíndo como o emisario, pero segue habendo moitas cuestións pendentes. Un destes asuntos é a reconstrucción de Xunqueira e arranxo de desperfectos causados pola riada que asolou Viveiro en novembro de 2018, causando o falecemento dunha veciña e cuantiosos danos en diversos puntos do concello, pois aínda que o barrio de Xunqueira foi o lugar máis afectados, producíronse destrozos en moitos outros lugares, como Campo de Verdes, Pontelabrada, Magazos, A Carreira, etc.
O custe das labores de limpeza asumido polo concello ascendeu a cerca de 80.000 €; a Deputación de Lugo tamén está colaborando en zonas non afectadas por sectoriais, como no muro do cemiterio, axudando para a redacción do estudo previo e a execución da obra.
Durante a campaña electoral realizáronse unha serie de promesas con respecto a este tema e, consecuentemente, queremos falar co Presidente para coñecer de primeira man o seu compromiso e, se pode, que se achegue a Viveiro para coñecer a situación, pois as consecuencias da riada aínda son claramente visibles. Gustaríame tamén coñecer a disposición da Xunta de Galicia e posible financiamento tanto para as obras de reparación (en Xunqueira e noutros puntos, como pode ser o lavadoiro de Pontelabrada) como para a execución das actuación recollidas no Plan Específico de Xestión de Risco de Inundación da ARPSI Fluvial ES014-LU-170101 Río Fontecova, no que Augas de Galicia propón a este concello a adopción dunha serie de actuacións, plantexando tres posibles solucións, por un importe aproximado de medio millóns de euros, unha cifra á que cómpre engadir o custe derivado dos arranxos dos demais lugares afectados.
Consideramos que todas as administracións se deben implicar por tratarse dun asunto excepcional e de grande importancia e, para falar deste mesmo asunto, tamén temos solicitada coa Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, sobre a que tampouco obtivemos resposta.
Ante unha situación excepcional como esta é preciso buscar a implicación e consenso de todas as administracións. Sabemos que a Deputación de Lugo estaba disposta a colaborar na reconstrución do barrio de Xunqueira. A Xunta de Galicia tamén anunciou a súa intención de colaborar, pero a dia de hoxe non temos información ao respecto; polo súa parte veuse colaborando coa limpeza de estradas e viais da súa titularidade.
A vindeira semana vai ter lugar unha reunión de voceiros para explicarlles que a reunión co Presidente da Xunta de Galicia está solicitada dende finais de maio co intención de falar destas cuestións; na xuntanza de voceiros tamén se falará do plan remitido por Augas de Galicia e das tres posibles solucións, que non contan coa conformidade dos veciños, sobre todo, no que se refire ao ensanchamento do río.
Con esta xuntanza cos voceiros dáse continuidade ás celebradas anteriormente. Os voceiros do mandato anterior eran coñecedores da situación e a resposta remitida a Augas de Galicia con respecto ás proposta realizadas no lan Específico de Xestión de Risco de Inundación da ARPSI Fluvial ES014-LU-170101 Río Fontecova foi consensuada. Tras as eleccións municipais, xa se convocou unha reunión cos novos voceiros para explicarlles a situación e agora, nesta nova xuntanza que terá lugar a vindeira semana, pretendemos volver a consensuar unha resposta conxunta para responder ao último escrito remitido ao respecto por Augas de Galicia.
A Alcaldesa-Presidenta,
María Loureiro García





















A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



