Lugo, 16 de setembro de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe en Lugo a constitución da Comisión Provincial do Observatorio para a loita contra o fraude na Seguridade Social, da que forman parte representantes da administración e das organizacións empresariais e sindicais máis representativas. No acto tamén participou o director provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Juan José Rodríguez Gude.
A subdelegada do Goberno destacou que “a creación desta Comisión na nosa provincia é moi positiva porque servirá para mellorar os medios de loita contra o fraude, un comportamento irregular que vai contra o interese xeral pois, para beneficiar a uns poucos, prexudícase a toda a sociedade”.
“Todos somos beneficiarios nalgún momento da nosa vida do Sistema da Seguridade Social, que é o principal sostén do Estado de Benestar, polo que todos somos vítimas cando alguén o defrauda”, afirmou. Por iso, a subdelegada animou aos membros da nova Comisión a facer cantas contribucións poidan na loita contra o fraude á Seguridade Social e agradeceulles o seu compromiso social: “alégrome moito de que todos vostedes vaian traballar conxuntamente para dificultar o fraude e aflorar estes comportamentos, que non só van contra a lei, senón que tamén son un acto de egoísmo e de falta de solidariedade coa comunidade”.
Pola súa parte, Juan José Rodríguez Gude, explicou que, para a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a loita contra o fraude é un obxectivo estratéxico. Por este motivo, creouse, por Orden Ministerial do 5 de xuño de 2019, o Observatorio para a loita contra o fraude na Seguridade Social, que ten como obxectivo recuperar os recursos que perde o Sistema de Seguridade Social por incumprimento das obrigas e por condutas irregulares.
Tamén co propósito de reforzar a persecución do fraude, a Tesourería da Seguridade Social asinou coa Inspección de Traballo, o 2 de agosto, un Plan de Obxectivos Conxuntos e o 15 de abril firmou un Convenio coa Policía para a persecución do fraude e a delincuencia económica no ámbito da Seguridade Social.
CONTRA O FRAUDE EN LUGO
Rodríguez Gude informou de que na provincia de Lugo instruíronse 53 expedientes por posible delito contra a Seguridade Social desde o 2015, o que deu lugar ao inicio de 31 procedementos penais, a maioría dos cales, 26, atópanse en fase de instrución e, ademais, ditáronse 2 sentenzas condenatorias. En 2018 foron abertos 13 expedientes e no que vai de 2019 a cifra é de 10.
Tamén detallou que en Lugo existe unha Unidade do Fraude que se ocupa da coordinación de todas as actuacións en materia de prevención e persecución. Entre outras funcións, dita Unidade solicita da Inspección de Traballo informes sobre diversos ámbitos de fraude. No ano 2018, solicitáronse 82 e no que vai de 2019 pedíronse 59.
INFORMES SOLICITADOS Á INSPECCIÓN DE TRABALLO
2018
2019
Derivación de responsabilidade por deudas de empresas insolventes aos seus administradores
22
13
Derivación de responsabilidade por suscesión de empresas ou grupos de empresas
4
0
Infracotización por diferenzas con convenios colectivos ou cos conceptos realmente aboados ao traballador
24
30
Encadramentos indebidos (falsos autónomos)
3
0
Empresas declaradas insolventes das que se pide informe para comprobar se hai actividade real
13
2
Empresas ficticias e altas falsas de traballadores
16
14
Rodríguez Gude explicou que estes datos refírense a informes solicitados desde a Tesourería Xeral da Seguridade Social, aos que se engaden os fraudes descubertos no curso das actuacións ordinarias da Inspección de Traballo.
Anunciou, tamén, que o actual convenio de colaboración coa Inspección de Traballo incorpora novos obxectivos e bolsas de fraude que se van perseguir, como son:
Falta de cotización e declaración de horas extraordinarias
Altas e baixas sen declaración de vacacións (práctica frecuente no sector educativo)
Empresas que polo seu sector de actividade ou ubicación xeográfica presentan altos índices de parcialidade ou temporalidade
Ademais, vaise continuar con campañas específicas, como as que o ano pasado permitiron anular en España 166.660 altas falsas de traballadores e detectar 8.256 empresas ficticias que non tiñan verdadeira actividade
A COMISIÓN PROVINCIAL
Na Comisión provincial de Lugo participan representantes da Tesourería Xeral da Seguridade Social, do Instituto Nacional da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña, do Servizo Xurídico da Seguridade Social, da Inspección Provincial de Traballo e das organizacións empresariais e sindicais máis representativas.
Todas as entidades participantes traballarán na prevención, detección e corrección do fraude á Seguridade Social. Para iso, farán propostas de estudos e análises de datos para a detección de condutas irregulares en materia de afiliación, cotización e recadación, así como da percepción indebida de beneficios e prestacións do Sistema.
Ademais, desenvolverán plans de actuación de control e inspección específicos e propostas de modificacións normativas, se fora preciso. Por último, o Observatorio tamén fará seguimento das actuacións e análises dos resultados e divulgará os informes emitidos e un resume anual no que se recolla a situación do fraude nese período.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



