Mondoñedo, 17 de setembro de 2019. A Asociación As San Lucas en colaboración co Colectivo Mondoñedo É … e o Concello veñen de convocar a 4ª edición do galardón denominado Premio Mondoñedo10 que nesta ocasión, ano 2019, se concederá na modalidade de ENSAIO á obra que o xurado estime merecente, escrita orixinalmente en galego e cuxa primeira edición fose publicada en calquera soporte nos 10 anos anteriores ao desta convocatoria; ou sexa, entre 2009 e 2018, ambos inclusive.
En aplicación das BASES neste momento, unha que todas as institucións que forman pàrte do xurado, nomearon aos seus respectivos representantes estes, a título individual, farán chegar nas próximas datas á secretaría as obras propostas que terán a consideración de finalistas, cuxa listaxe que se fará pública antes da data, 13 de outubro, prevista para o fallo.
COMPOSICIÓN DO XURADO
Composición do xurado para a edición correspondente ao ano 2019, modalidade ENSAIO.
Presidente: Antonio Reigosa, Cronista oficial de Mondoñedo.
Vogal designado polo Consello da Cultura Galega.
Vogal designado pola Real Academia Galega
Vogal designado pola Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG).
Vogal designado pola Asociación Galega de Editoras.
Vogal designado polo Instituto Galego de Historia.
Vogal designado por Facultade de Humanidades de Lugo (USC)
Vogal designado polo Concello de Mondoñedo.
Secretario: Fran Bouso, designado pola asociación convocadora deste premio.
Os nomes dos membros do xurado faranse públicos unha vez fallado o premio. Nin o presidente do xurado nin o secretario poden propoñer nin votar obras.
REUNIÓN DO XURADO E FALLO DO PREMIO
O xurado designado para elixir a obra gañadora reunirase en Mondoñedo o domingo, 13 de outubro de 2019, ás 12:00h.
A entrega do premio ao autor/es ou autora/s da obra gañadora terá lugar en acto público a celebrar no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo o domingo, 20 de outubro¡.
PREMIO
O premio que se entregará ao/á autor/a da obra seleccionada, ou, en caso de falecemento ou outra causa, a un representante designado polos herdeiros ou titulares dos dereitos da obra premiada,
consistirá nun diploma acreditativo e unha obra artística orixinal e única, para esta ocasión creación do artista mindoniense, José Pedro Gómez.
ACTO DE ENTREGA DO PREMIO
O acto de entrega do galardón á obra distinguida co Premio Mondoñedo10 na modalidade de ENSAIO celebrarase en Mondoñedo o domingo, 20 de outubro de 2019.
PREMIOS 2016, 2017 e 2018 (Recordatorio)
Na primeira edición correspondente ao ano 2016 o xurado elixiu como mellor obra na modalidade de NARRATIVA publicada entre os anos 2006 e 2015 “Os libros arden mal” da autoría de Manuel Rivas,
publicada por Edicións Xerais de Galicia, 2006.
Premio: Diploma e obra de arte orixinal de Caxigueiro.
Na segunda edición correspondente ao ano 2017 o xurado elixiu como mellor obra na modalidade de POESÍA publicada entre os anos 2007 e 2016 “Hordas de escritura” da autoría de Chus
Pato, publicada por Edicións Xerais de Galicia, 2008.
Premio: Diploma e obra de arte orixinal de Juan Puchades.
Na terceira edición correspondente ao ano 2018 o xurado elixiu como mellor obra na modalidade de TEATRO publicada entre os anos 2008 e 2017 “Nome: Bonita” da autoría de Vanesa
Sotelo, publicada por Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, 2015.
Premio: Diploma e obra de arte orixinal de Xosé Vizoso.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



