Lugo, 19 de setembro de 2019. Tal e como anunciou, o Presidente da Deputación, José Tomé, mantivo este xoves na Sala de Xuntas unha reunión informativa con todas as centrais sindicais que teñen representación na institución provincial na que lles deu traslado persoalmente dos acordos de disolución de SUPLUSA adoptados por unanimidade no Pleno e na Xunta Xeral Extraordinaria da entidade mercantil celebrados o día 12 de setembro. Así mesmo, aseguroulles que a vontade da Corporación é respectar os dereitos dos traballadores e traballadoras sempre dentro do marco xurídico conforme os técnicos informen. Á xuntanza acudiron representantes de CC.OO., CSIF, UGT e CIG.
Tras este encontro co Presidente, os representantes sindicais mantiveron de seguido unha xuntanza cos deputados e deputadas designados para exercer o cargo de liquidadores de SUPLUSA (Pilar García Porto, en representación do PSdeG, Mónica Freire Rancaño, do BNG, e José Antonio García López, do PP), co asesor xurídico da comisión liquidadora e cunha traballadora de SUPLUSA nomeada interventora.
Con esta xuntanza, José Tomé quere garantir a total transparencia e claridade en todo o proceso que desembocará na extinción da sociedade mercantil, e desvinculalo de calquera manipulación política que puidera darse, en tanto que a decisión política, que é a disolución de SUPLUSA, xa está acordada por unanimidade no Pleno e na Xunta Xeral da entidade mercantil celebrados o día 12. Agora resta desenvolver a parte técnica e administrativa, que se realizará segundo as indicacións dos servizos provinciais implicados ao abeiro do establecido na lexislación Mercantil e de Dereito Público que resulte de aplicación.




















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



