Compostela, 4 de outubro, 2019. O deputado mariñao, Daniel Vega, logra o respaldo do Parlamento de Galicia para instar ao Goberno galego a acometer a reforma integral do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo. Así se puxo de manifesto este venres, a instancias da Proposición Non de Lei presentada polos populares e que foi aprobada hoxe por unanimidade.
Concretamente, tal e como se expuxo na sesión correspondente á Comisión 4ª de Educación e Cultura, a administración autonómica debería incluír varias liñas de actuación no marco deste proxecto. Son as seguintes: acondicionamento e conservación dos inmobles; carpinteiría exterior e inferior (fiestras, portas, persianas lucernarias); illamento das fachadas e traballos varios de albanelería; substitución das luminarias existentes por unha de baixo consumo e tecnoloxía LED; acondicionamento dos falsos teitos, tabiques, pintado de aulas e novo sistema eléctricos.
Daniel Vega non dubida en que o Goberno de Feiióo “sexa sensible” coa petición dos populares, que está encamiñada a que nun futuro próximo este centro dispoña dunhas instalacións modernas e renovadas.
O CEIP Gregorio Sanz é de ámbito comarcal. Está situado no barrio da Faxarda, na parroquia de Obe. Trátase do único centro público de Educación Infantil e Primaria de Ribadeo e esteá adscrito ao instituto Porta da Auga. Este curso 2019/2020 incorpora unha sección bilingüe en 1º e 2º de Primaria e desenvolverá o programa Edixgal en 5º e 6º. O número de alumnos matriculados no pasado curso foi de 411: 117 en Educación Infantil e 294 en Primaria. As novas matrículas correspondentes a nenos de 3 anos é de 44; o que acredita a súa demanda. Ademais, oferta como servizos complementarios os de transporte e comedor escolar gratuítos; o programa Bos Días, organizado pola AMPA A Faxarda; o programa Educando en Familia e distintas actividades extraescolares.
Máis de 6 millóns para os centros lucenses
A actuación no centro educativo de Ribadeo amosa “a vontade extraordinaria” da Xunta de Galicia pola Educación pública na Mariña e na provincia, e súmase a outras proxectadas nos CEIPs Nº1 de Foz, de Cervo e o Virxe do Carme de Burela. En total, a Xunta de Galicia está a facer un importante esforzo inversor nestas tres obras con achegas que superan os 2,6 millóns de euros, con cargo aos fondos do superávit 2019.
No conxunto da provincia, o Executivo galego ten en marcha a mellora doutros cinco educativos, que fan que o investimento total na provincia nesta materia supere os 6 millóns de euros. Son, ademais dos centros de A Mariña, o IES Muralla Romana de Lugo; o CEIP Plurilingüe Santa María de A Fonsagrada; os CEIPs Casás e Luis Pimintel de Lugo; e o CPI Ramón Piñeiro de Láncara.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



