Foz, 4 de outubro de 2019. O centro da UNED de Foz abriu a matrícula para dez cursos de extensión universitaria. Foron presentados polo alcalde focense, Fran Cajoto; o concelleiro de Educación, Héctor Morís; e a coordinadora do centro, María Fuensanta Otero.
A responsable da UNED de Foz explica que “as actividades de extensión universitaria son todos aqueles cursos, xornadas, seminarios, congresos, etcétera, que se realizan baixo as diversas formas da nosa metodoloxía, calquera que sexa a titulación esixida aos alumnos inscritos nos mesmos, encamiñadas á expedición dun certificado. Esta oferta formativa, aberta tanto a estudantes como ao público en xeral, destaca pola súa vertente práctica e pola variedade dos seus temas, que abarcan as diferentes ramas do coñecemento. Ademais da exposición de aspectos teóricos, nos diferentes cursos foméntase o diálogo e o intercambio de ideas”.
Os cursos que teñen aberta a matrícula son os seguintes:
-Monitor de tempo libre (5ª edición). Homologado pola Xunta de Galicia. Sábados e domingos do 19 de outubro de 2019 ao 2 de febreiro de 2020. (Presencial).
-Prevención, Diagnóstico e Avaliación do Maltrato Infantil. Homologación provisional Academia Galega de Seguridade (AGASP). Os mércores 6, 13, 20 de novembro e 4 de decembro de 2019, de 18:30 a 20:30 horas. (Presencial e on line).
-Director de Actividades de Tempo Libre. Homologado pola Xunta de Galicia. Sábados e domingos do 9 de novembro de 2019 ao 1 de febreiro de 2020. (Presencial).
-A pesca e a súa transformación na Galicia Cantábrica. De Cariño a Ribadeo: artes, salgadura e conserva. Os martes do 26 de novembro de 2019 ao 24 de marzo de 2020. (Presencial e on line).
-Prevención da Violencia no ámbito familiar. Curso válido como formación continua para mediadores do Ministerio de Justicia do goberno de España. Homologación provisional Academia Galega de Seguridade (AGASP). Do 27 de novembro ao 3 de decembro de 2019, de 16:00 a 21:00 horas. (Presencial e on line).
-Educación afectivo sexual: Recursos para a Igualdade. Os días 9, 10, 12 e 13 de decembro de 2019, de 16:00 a 18:00 horas. (Presencial).
-Coidados ao Ancián: Do 9 ao 13 de decembro de 2019, de 16:30 a 20:30 horas. (Presencial)
-Biodiversidade e conservación mariña (4ª edición). Do 9 ao 13 de decembro de 2019, de 17:00 a 21:00 horas. (Presencial e on line).
-Deseños 3D con Freecad (Parte I). O 9 e o 16 de xaneiro de 2020, de 16:30 a 20:30 horas. (Presencial e online).
-A historia local do Concello de Foz en 20 historias. Os luns do 20 de abril ao 18 de maio de 2020, de 16:30 a 20:30 horas. (Presencial).
Os interesados poden recibir máis información poñéndose en contacto coa Aula Universitaria de Foz no teléfono 982.133.699 ou por WhatsApp no 604.034.549 ou por correo electrónico en foz@lugo.uned.es



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



