Lugo, 4 de outubro de 2019. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano García, asinaron esta mañá un convenio de colaboración por un importe de 25.000€ co fin de continuar desenvolvendo proxectos para fomentar o turismo na Mariña. A sinatura do acorto tivo lugar no Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen, en Burela, un emblema dos atractivos turísticos da comarca, nun acto ao que asistiron rexedores e representantes dos concellos que integran a Mancomunidade.
Na súa intervención, o Presidente subliñou que este convenio ten como obxectivo “darlle continuidade e impulso a un proxecto de unidade e de busca de sinerxías para impulsar o desenvolvemento económico e social desta comarca, como é a Mancomunidade de Municipios da Mariña”.
Tomé Roca tamén quixo incidir en que “as iniciativas que se desenvolven baixo o paraugas deste convenio teñen que servir para lograr a desestacionalización do turismo, conseguir a diferenciación con respecto a outras zonas e ser a chave que axude a que os visitantes queden a durmir varios días na Mariña”. Ademais, enxalzou os plans postos en marcha ata o momento pola Mancomunidade, coma a revista +QueAMariña ou audioguías teatralizadas que inclúen información sobre os cascos históricos de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro con traducións ao inglés, francés e o castelán.
Durante o acto, o Presidente tivo palabras de agradecemento para as corporacións municipais. “Estades traballando na senda axeitada, parabéns a todos por todo o esforzo que facedes, nós reafirmamos o noso firme compromiso coa Mariña e tede presente que seguiredes contando coa alianza da Deputación de Lugo”, subliñou.
Ao remate do acto, o Presidente e os alcaldes, alcaldesas e concelleiros e concelleiras asistentes participaron nunha visita guiada polo Barco Museo Boniteiro de Burela.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



