Lugo, 7 de outubro de 2019. A Deputación de Lugo abre mañá o prazo de solicitudes para as máis de 1.350 prazas de Lugo Termal. O programa de termalismo desenvolverase este ano en tres establecementos participantes (o Balneario e Termas de Lugo, o Hotel Balneario Río Pambre de Palas de Rei e o Hotel Balneario de Augas Santas de Pantón) e está dirixido aos maiores de 55 anos que estean empadroados na provincia. A solicitude poderá realizarse tamén, a partir das 00.00 horas, a través da páxina web da Deputación de Lugo, www.deputacionlugo.gal.
Lugo Termal, co que dende hai xa oito anos a Deputación provincial favorece o benestar social e impulsa o turismo, ofrece 1.350 prazas (1.113 con estancia e 238 sen estancia) con descontos de máis de 60 euros para recibir terapias mineromedicinais, ata xuño do 2020. Realizarase aos usuarios e usuarias un control médico, recoñecemento previo a aplicación das técnicas termais, así como, seguimento e un informe médico final a petición do usuario.
Os beneficiarios das prazas poderán acudir cun acompañante, que tamén terá a posibilidade de desfrutar destes descontos aínda non tendo máis de 55 anos. Outra das características diferenciais do programa de termalismo provincial é que permite o acompañamento de persoas con discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais, garantindo o seu acceso e goce dos tratamentos termais.
Modalidade con estancia
A modalidade con estancia contempla seis días e cinco noites en pensión completa, o prezo a pagar polos usuarios e usuarias é de 189,50 euros. Inclúe servizo de cea e aloxamento o día de entrada e o servizo de almorzo e xantar o día de saída, podéndose alternar por servizo de xantar e cea o día de entrada e almorzo o día de saída, acordando previamente co balneario. Será en habitacións de uso compartido (os usuarios que soliciten unha individual, se o balneario ten dispoñibilidade, aboarán a diferenza correspondente aos prezos establecidos). Aplicaranse un mínimo de 15 técnicas termais, agás que por razóns médicas xustificadas se desaconsellen, e haberá un programa de animación sociocultural de luns a xoves.
Modalidade sen estancia
A modalidade sen estancia contempla dez días (de luns a venres) e o prezo a pagar polos usuarios e usuarias é de 200 euros. Inclúe 30 técnicas termais como mínimo, agás que por razóns médicas xustificadas se desaconsellen.






















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.



