Ribadeo, 11 de outubro, 2019. Ribadeo acolleu esta semana a quinta Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico Noroeste para reflexionar sobre temas de interese das frotas artesanais, analizar a súa situación actual e os principais retos de futuro.
O encontro, que tivo lugar no Parador de Ribadeo durante o xoves 10 e o venres 11 de outubro, volveu estar impulsado pola Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, e nel participaron representantes das Federacións de Confrarías de Guipúskoa, Biskaia, Cantabria, Asturias, Lugo, A Coruña e Pontevedra, así como a Federación Galega de Confrarías.
Durante a reunión Interfederativa de Confrarías, celebrada na tarde do xoves, os representantes dos pósitos consensuaron unha serie de temas que sirviron como documento de traballo na reunión que o venres pola mañá mantivo o sector pesqueiro artesanal coas administracións central e autonómicas.
Os representantes das confrarías analizaron a situación e o grao de cumprimento das conclusións alcanzadas tra-lo congreso do ano pasado en temas relacionados cos descartes, as medidas técnicas, o Regulamento de control da pesca ou o plan de xestión do Cantábrico-Noroeste… Usando estas pasadas reflexións como punto de partida, na presente edición da Interfederativa de Confrarías do Cantábrico-Noroeste estanse abordando diferentes temas xerais e de interese común para o sector, como de novo os descartes, os permisos e diferentes criterios de peche da pesquería do bonito do norte, o regulamento OMNIBUS, o futuro dos fondos FEMP, a situación da sardiña ibérica ou os cupos de verdel propostos polo ICES.
Mantendo a dinámica de anteriores edicións, na mañá do venres organizouse unha reunión de traballo conxunta entre representantes das Confrarías e das Administracións pesqueiras de España e as Comunidades Autónomas do Cantábrico, na que participou a Secretaria Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz Iglesias. Neste encontro os representantes do sector expuxeron ás Administracións as principais conclusións e proposicións derivadas do día anterior.
A xornada do venres contou tamén coa asistencia da Directora Xeral de Recursos Pesqueiros, María Isabel Artime García; o Director Xeral de Ordeación Pesqueira e Acuicultura, Juan Ignacio Gandarias Serrano; a Directora Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, Mercedes Rodríguez Moreda; o Xefe de Coordinación da Área de Mar en Lugo, Pablo R. Fernández Asensio; o Director Xeral de Pesca Marítima do Principado de Asturias, Francisco González Rodríguez; a Directora de Pesca e Alimentación de Cantabria, Marta Ana López; e o Director de Pesca e Acuicultura do País Vasco, Leandro Azcue Múgica. Tamén participarán o presidente da sección de pesca da Federación Europea de Traballadores do Transporte (ETF), Juan Manuel Trujillo; o representante do Sector Marítimo Portuario de UGT, Óscar Domínguez Romero; e o responsable do sector do mar de CCOO Galicia, Ricardo Valeiras Grana.
A Conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, presidiu o acto de clausura deste V Congreso de Pesca Artesanal do Cantábrico-Noroeste, no que tamén interviron Alicia Villauriz Iglesias (Secretaria Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación) e José Basilio Otero (Presidente da Federación Provincial de Confrarías de Lugo e da Federacion Nacional de Confrarías). Tamén asistiron ao acto a Secretaria Territorial de Lugo da Xunta de Galicia, Marta Barreiro Castro; o Concelleiro de Desenvolvemento Local de Ribadeo, Pablo Vizoso Galdo; o Responsable da Área de Participación Ciudadá da Diputación de Lugo, Roberto García Pernas; así como representantes das organizacións de pesca de Lugo, Absa Burela, Porto de Celeiro, OPP-7 e OPP-77.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



