SANTIAGO .-No que vai de ano realizáronse 17 operativos conxuntos nos que a Unidade de Policía Adscrita (UPA) completou o labor de Gardacostas en materia de furtivismo. Neste tempo incautáronse de máis de medio milleiro de útiles empregados polos furtivos
REFERENCIA
A POLICÍA AUTONÓMICA CONTRIBÚE Á MELLORA DOS RESULTADOS DE GARDACOSTAS NA LOITA CONTRA O FURTIVISMO
?? No que vai de ano realizáronse 17 operativos conxuntos nos que a UPA (Unidade de Policía Adscrita) completou o labor de Gardacostas estimulando o labor preventivo da estratexia da Xunta de Galicia en materia de furtivismo
?? No que vai de ano incautáronse de máis de medio milleiro de útiles empregados polos furtivos
As consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e do Mar salientaron hoxe os excelentes resultados que está a dar a colaboración prestada pola UPA ao servizo de Gardacostas no traballo conxunto para a erradicación do furtivismo no litoral galego. Ambas as consellerías presentaron ante Consello da Xunta un informe de balance sobre a actividade común que levan a cabo estes departamentos para a prevención e a loita contra o furtivismo, un problema que afecta tanto o sector pesqueiro como aos propios recursos mariños e ao ambiente da Comunidade.
Para incrementar a loita contra esta problemática e facela máis efectiva, a Xunta potenciou a intervención da Unidade de Policía Adscrita a Galicia (coñecida como Policía Autonómica) nos dispositivos de loita contra o furtivismo e marisqueo ilegal, en colaboración cos servizos de vixilancia pesqueira, de tal xeito que xa se están a recoller os froitos de potenciar esta colaboración.
Así, os resultados do informe desvelan que, a través destes operativos especiais, se constata un reforzo en comisos e incautacións. Nestas 17 intervencións conxuntas comisáronse un total de 1.800 quilos de especies e aprehendéronse un total de 508 útiles entre os que cabe destacar 2 camións, 8 lanchas ou 60 nasas, entre outros.
Ademais, identificáronse máis de 400 persoas, foron denunciadas 125 delas e houbo tres detidos por atentado e desobediencia.
Os resultados dos 17 dispositivos conxuntos entre Policía Autonómica e servizos de vixilancia pesqueira véñense a sumar ao resto de operacións levadas a cabo por Gardacostas, Seprona ou os gardapescas. Estes operativos traducíronse nun incremento substancial do respecto que os furtivos manifestan aos axentes da Consellería do Mar grazas á presenza do persoal policial evitando que o labor de control de Gardacostas derive en problemas de orde pública.
Coa colaboración prestada polos 22 axentes da UPA aos axentes de Gardacostas, recupérase o apoio que a Policía Autonómica deixara de levar a cabo desde 2005 en materia de furtivismo e marisqueo ilegal. Indo máis aló, este persoal reforzouse desde comezos deste ano cunha formación específica en intervención e coa potenciación do grupo de Equipo de Resposta Policial, que completa o labor que a propia Policía Autonómica realiza de xeito ordinario a través dos seus grupos de investigación en materia de prevención e control do furtivismo e o marisqueo ilegal, radicados nas distintas comisarías da Unidade de Policía Adscrita.



















Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



