Cervo, 25 de outubro. O Concello de Cervo está a acometer estes días obras de mellora e renovación da rede de abastecemento de auga do núcleo de Cervo, en concreto na rúa Xosé Álvarez, no tramo que vai desde a ponte do río Xunco ata o Paraño, en Sargadelos, dirección Figuerido.
O rexedor Alfonso Villares, que se desprazou ata a zona para supervisar os traballos acompado pola edil de Obras, Mali Méndez, precisou que “se trata dunha actuación importante que nos permitirá reducir os costes de mantemento e, sobre todo, mellorar a calidade do servizo para a veciñanza”.
A obra conta cun orzamento de preto de 40.000 euros (39.288,09 euros concretamente), dos cales o 75% corresponden ao Fondo de Compensación Ambiental da liña en concorrencia competitiva da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia.
Trátase dunha actuación que abrangue medio quilómetro de distancia, que consiste na substitución das canalizacións existentes de fibrocemento por outras de polietileno, que inclúe tamén a renovación das acometidas domiciliares e a execución dunha boca de rego e dos correspondentes pozos de rexistro.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



