XOVE .- Rematou a ata o mes de outubro a temporada de bolos no Concello de Xove. Foi na bolera do centro social de Vilachá, na parroquia de Portocelo, onde se disputou a VII Copa de bolos “Concello de Xove” que gañou a parella formada por Carlos Javier Rodríguez Casabella e Cristian Rodríguez Baño, pai e fillo.
NOTA DE PRENSA
REMATOU A TEMPORADA DE BOLOS E XOVE COA CELEBRACIÓN DA VIIª COPA DE BOLOS “CONCELLO DE XOVE”
Hoxe, sábado 27 DE MARZO, tivo lugar na Bolera do Centro Social de Vilachá, na Parroquia de Portocelo a VIIª COPA DE BOLOS “CONCELLO DE XOVE”, competición coa que a Concellería de Cultura do Concello puxo punto final a temporada 2009-2010 de bolos. Despois disto, haberá que esperar ata o mes de outubro deste ano para comezar unha nova temporada.
A copa de bolos comezouse a celebrar no 2004 na Bolera do Centro Social de Lago, polo que ímos rotando a sé desta competición final, seguindo a mesma ruta da Liga anual, polo que a edición do ano vindeiro tocaralle a bolera do Centro Social de Morás.
Esta Copa ten que ver tamén coa Liga recentemente finalizada, dado que se aproveitan os resultados da Liga para facer as parellas participantes. A Copa, a diferencia da Liga, xógase por parellas, tal como se facía de xeito tradicional. Para formar as parellas utilizamos as clasificacións finais da Liga de Maiores e da Liga Sub 18 da seguinte maneira: o primeiro clasificado da Liga de Maiores fai parella co último clasificado da Liga Sub 18, o segundo clasificado da Liga de Maiores fai parella co penúltimo da Liga Sub 18, e así ata o final. Con isto preténdese que as parellas sexan o máis igualadas posibles, e ao mesmo tempo dámoslle a oportunidade de que os xogadores da Liga Sub 18 poidan xogar xunto (formando parella) aos da Liga de Maiores, cousa que lles gusta moito e ademáis é unha unha motivación para eles.
O cadro final de vencedores desta VIIª COPA DE BOLOS, quedou da seguinte maneira:
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
CAMPIONS: parella formada por CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA E CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO (pai e fillo).
SUBCAMPIONS: parella formada por ARTURO VIGO CASABELLA E MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ
TERCEIROS: parella formada por CÉSAR CANCELOS LÓPEZ E ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS
Tódos eles recibiron un trofeo de mans do Alcalde Demetrio Salgueiro
O Departamento Municipal de Cultura do Concello xa está a traballar na nova temporada (XXIIª Liga, XIª Sub 18 e IIª Liga Feminina) 2010-2011, que vai comezar no Centro Social de Lago a mediados de outubro deste ano.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



