Foz, 28 de outubro de 2019. Samuel Ramos Giquel, propietario e chef do restaurante Auberge Ty An Heol, en Pont Avent (Francia), visitará o IES de Foz a próxima semana. Durante cinco días impartirá formación sobre cociña francesa ao alumnado e profesorado de Hostalería do centro educativo focense e aproveitará para coñecer a comarca, degustar a gastronomía típica da zona e visitar empresas relacionadas co sector, como a produtora de ostras Acueo, en Castropol, a explotación ribadense de agricultura ecolóxica Finca As Fadegas e a lonxa de Burela.
O martes 5 de novembro o cociñeiro bretón elaborará o menú escolar do IES de Foz a base de pratos franceses (quiche de marisco e brocoli, tenreira á Bourgignon e de sobremesa, crêpes) e o xoves 7 preparará un menú bretón no comedor da carta: velouté de mexillóns; solombo de porco con fricassé de mazás e cebola; e de sobremesa unha tartaleta de trigo sarraceno con mazá e caramelo). O resto dos días participará en diferentes clases co alumnado, ensinando especialidades de pastelería e cociña cos diferentes profesores de hostalería.
Samuel Ramos ten formación tanto en cociña como en xestión de empresas hostaleiras e leva máis de vinte anos traballando no sector, tanto en sala como en cociña. É membro da Alliance Slowfood de cociñeiros en Francia, que promoven unha cociña local, ecolóxica e baseada na produción local. No seu restaurante non hai unha especialidade propiamente dita, os seus pratos adáptanse ás estacións e os seus produtos proveñen de produtores locais directamente.
A profesora coordinadora Erasmus do IES de Foz, Leticia Maseda, explica que colaboración deste cociñeiro francés co IES de Foz “xurde grazas ao programa Erasmus +, xa que no restaurante de Samuel Ramos realizou as súas prácticas durante tres meses un dos nosos alumnos de Cociña, Ayoub Elkamel, sendo a súa experiencia moi positiva e dando froito a esta actividade”.

























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



