Burela, 5 de novembro de 2019. O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, asinaron a acta de inicio da obra que se vai acometer na rúa Lamestra e nun vieiro perpendicular a partires do vindeiro 13 de novembro. O investimento superará os 38.000 euros e o prazo de execución será dun mes. As obras, que Ramiro Fernández considera moi necesarias, consistirán na reparación do pavimento e na mellora da rede de saneamento.
O edil de Obras contou que “o alcalde máis eu estivemos visitando unha obra e firmando a acta de inicio, que entendemos que é moi importante e necesaria para os veciños e veciñas sobre todo das Casas Baratas”.
Ramiro Fernández Rey explicou que “a obra consiste na reparación do firme máis na mellora do saneamento na rúa Lamestra, e na perpendicular, onde está moi deteriorado o asfalto. Farase o asfaltado das rúas e a instalación dunha rede de saneamento. Instalarase unha nova rede para augas pluviais e tamén imos conectar esa nova rede á que xa existe na rúa Lamestra”.
O concelleiro de Obras engadiu que “o importe desta obra vai ser 38.784 euros, foi adxudicada á empresa Cazás e pensamos que vai mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas desa zona. O asfalto está bastante deteriorado, creo que é unha obra que van agradecer os veciños e que lles vai mellorar a vida”.
Fernández Rey sinalou que “esta obra encádrase dentro do Plan Único da Deputación do ano 2019. Esperamos que o próximo mércores, día 13, empece xa. O prazo de execución será dun mes”.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



