Viveiro, 5 de novembro de 2019. O grupo municipal popular de Viveiro expresa a súa satisfacción polo feito de que a Xunta anuncie a licitación do proxecto de mellora da estrada LU-540 (Viveiro-Cabreiros). O grupo popular, como tal, e o seu portavoz, Óscar Rodríguez, en particular, deixan constancia do seu agradecemento ao Goberno galego por cumprir un dos compromisos adquiridos polo PP nas pasadas eleccións municipais. O amaño e mellora da seguridade desta estrada é unha necesidade amplamente sentida por todos os que teñen que facer uso dela a diario. O orzamento de redacción de proxecto ascende a 243.492 euros.
Na documentación utilizada no proceso de licitación indícase que o principal itinerario a realizar polos veciños de Viveiro para desprazarse a Ferrol, ou Lugo, por exemplo, é a estrada LU-540 entre Viveiro e a AG-64 en Cabreiros. Na mesma documentación aclárase que é un itinerario de case 40 quilómetros, e un tempo de percorrido aproximado de 35 minutos.
O tramo da estrada LU-540, entre os quilómetros 5 e 39.500, ten unha alta porcentaxe de prohibición de adiantamento, tanto en sentido Lugo (un 73% de prohibición) como en sentido Viveiro (un 83% de prohibición). Esta estrada rexistra, segundo se indica na documentación para a licitación do proxecto, frecuentes accidentes como consecuencia do paso de animais, polo que, considérase necesario actuar para reforzar a seguridade viaria e paliar este tipo de percances.
As intervencións a proxectar son a rectificación de curvas, de xeito que todo o trazado se corresponda cunha velocidade superior a 80 km/h; implantación de novos tramos de carrís de adiantamento, nas zonas con pendente superior ao 3 %. Neste sentido, prevense cinco tramos de carril lento en sentido Lugo e tres en sentido Viveiro. Inclúe a mellora da seguridade fronte ao cruzamento de animais; mellora da seguridade viaria en xeral. Está previsto o redeseño dalgunhas interseccións xa existentes, mellora de carrís lentos; as correccións de trazados que se consideren necesarias, análise e ordenación dos xiros a esquerda e revisión da sinalización vertical e horizontal.
Os concelleiros populares destacan que a mellora da estrada LU-540 é unha ampla demanda social, que, por iso mesmo, foi incluída como un dos puntos destacados do programa electoral do PP nas pasadas eleccións municipais. O voceiro do grupo, Óscar Rodríguez, fixo xestións en distintos ámbitos institucionais e mantivo entrevistas sobre este asunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez. Óscar Rodríguez sinala que a mellora da seguridade fronte a animais é un aspecto moi relevante nunha zona na que hai moito gando que anda libre polo monte.




















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



