A Mariña, martes, 5 de novembro 2019. O BNG estivo hoxe no mercado semanal de Foz trasladando as súas propostas á veciñanza. Andrea Martíns e Xosé Manuel Peña, candidatos mariñaos ao Congreso e ao Senado incidiron na necesidade de que Galiza e A Mariña teñan voz propia en Madrid, donde se toman a maioría das decisións políticas que tenen a ver con esta comarca. Neste sentido, Andrea Martíns manifestou que “é necesaria a presenza do BNG no Congreso dos Deputados para facer valer esta comarca, visto que as forzas de obediencia estatal deixan de lado os intereses mariñaos á hora de posicionarse e buscar solucións en temas tan importantes coma as infraestruturas”.
Novas infraestruturas para o século XXI
Vellas demandas da sociedade mariñá e do BNG volverán ao Congreso dos Deputados, entre elas rematar co retraso nas infraestruturas viarias, coma a autovía Barreiros-San Cibrao, con décadas de esquencemento enriba, ou a vía de FEVE, porque se hai vontade política, pódese evitar que siga esmorecendo e convertila nun moderno medio de comunicación.
Enerxía solución¡¡ Marco enerxético propio
Un dos primeiros retos retos do BNG, e aos que se referíu Xosé Manuel Peña foi ao tema da enerxía, “necesaria para que siga funcionando o mais importante polo industrial da provincia, a factoría de aluminio de San Cibrao, pero tamén moitas empresas da comarca e da provincia que tenen que pagar un altísimo precio pola electricidade, por eso o BNG demanda un marco enerxético propio coa creación dunha Tarifa Eléctrica que abarate o prezo da enerxía no país que mais produce no Estado” afirmou o candidato que incidíu tamén na necesidade de ter unha alternativa industrial diversificada.




















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



