Burela, 6 de novembro de 2019. Na reunión da comisión especial de contas foi aprobada a conta xeral de 2018 do Concello burelés, que pechou o exercicio pasado cun remanente de tesourería de 3.500.000 de euros, cun aforro bruto de máis dun millón de euros e cun aforro neto de 922.000 euros. Para o alcalde, Alfredo Llano, estas cifras indican que as cousas se están facendo ben. O rexedor subliña que o Concello non ten practicamente débeda e que cumpriu coas obrigas normativas, como a estabilidade financieira ou a regra de gasto.
Llano explicou que “hoxe fixemos a reunión da comisión especial de contas. O propósito e o obxectivo era aprobar a conta xeral do exercicio 2018. E foi aprobada, dado que as contas do Concello de Burela están perfectamente levadas e dan uns resultados que son moi merecedores de optimismo”.
O alcalde salientou que “temos un remanente de tesourería de 3.557.000 euros, que é unha cifra enorme que nos vai servir posiblemente para financiar un maior volume de gastos para o ano que ven. Tamén temos un aforro bruto de 1.061.000 euros e un aforro neto, que nos vai servir para a execución do presuposto para o ano que ven, de 922.000 euros. Penso que esas cifras indican claramente que estamos facendo as cousas, dentro das nosas posibilidades, bastante ben”.
O rexedor engadiu que “practicamente non hai débeda, é moi escasa e ven derivada aínda de cando se fixo a escisión de Cervo e Burela, que naquel momento axudou a Xunta de Galicia cun préstamo do que agora mesmo xa non se pagan intereses, polo tanto enseguida vai vencer. Así que débedas cero no Concello de Burela”.
Alfredo Llano insistiu en que “temos un remanente moi grande de 3 millóns e medio de euros e iso indica claramente que non se fixo nada que superara os gastos sobre os ingresos, ou sexa, que se foron levando as cousas ben. Hai outra cousa que hai que indicar, que se cumpre sobradamente co que son as obrigas normativas, por exemplo o que son a estabilidade financieira e a regra de gastos, todo aquilo que dalgunha maneira condiciona como se teñen que levar as contas dun Concello, pois aquí estamos cumprindo todo”.
O alcalde manifestou que “esta conta xeral do exercicio 2018 ven contrastar dunha maneira moi solvente que o Concello de Burela agora mesmo está moi ben en cuestión de economía. Imos tratar de seguir así durante moito tempo para que o Concello poida, con garantía, facer as súas labores, os seus traballos, crear emprego dentro das súas posibilidades cando se contratan obras, e todo aquilo que sexa beneficioso para o conxunto dos nosos veciños e veciñas”.
















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



