Ribadeo, 30 de novembro de 2019. Mañá, 1 de decembro, arrinca a Campaña de Nadal de Acisa, que culminará o 11 de xaneiro coa Festa do Comercio na que se sortearán 4.000 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. Os clientes do comercio e da hostalería poderán facerse cos rifas do 1 de decembro ata o 11 de xaneiro.
Os negocios terán a disposición dos seus clientes as rifas do sorteo que serán entregadas por cada compra realizada en calquera dos establecementos asociados de ACISA, sen importe mínimo, e a cantidade de rifas a repartir por cada compra establecerase mediante o criterio de cada comerciante. As rifas deberán estar debidamente seladas por cada establecemento de xeito visible na parte dianteira ou traseira da mesma. En total distribuiranse 200.000 rifas entre os asociados.
O día 11 de xaneiro de 2020 celebrarase o sorteo e as persoas que teñan rifas poderán depositalas nunha urna instalada para elo, na entrada da carpa situada no parque San Francisco, dende as 16:00 ata as 20:30 horas. Ademais terán que gardar a parte a conservar para participar no sorteo. Desde a directiva de ACISA explican que “a rifa na súa totalidade é para o cliente. Está composta de dúas partes, unha para el e outra é a que hai que depositar na urna o día do sorteo”.
Os 4.000 euros en premios serán repartidos en tres presenciais e un non presencial. Os presenciais serán de 2.000 euros, 1.000 euros e 500 euros en vales de compra de ACISA Ribadeo. Ningún premio quedará deserto e de non aparecer o gañador procederase a sortear de novo, “polo que os participantes deberán estar fisicamente no lugar”. Ademais haberá un premio non presencial de 500 euros en vales de compra, que se dará a coñecer o mesmo día 11 de xaneiro e sortearase mediante un programa informático que escollerá de forma aleatoria un número dos 200.000 entregados nas rifas.
O gañador do sorteo non presencial terá ata o día 17 de xaneiro para presentarse nas oficinas de ACISA Ribadeo e así cobrar o premio. De non presentarse considerarase deserto. Os gañadores premiados coas rifas agraciadas no sorteo presencial cobrarán o premio o mesmo 11 de xaneiro.
Os vales de compra de ACISA Ribadeo deberán ser gastados no período de dous meses, dende o 11 de xaneiro ata o 11 de marzo de 2020. Os vales só poderán gastarse nos establecementos asociados e terán que ser gastados de forma íntegra.
Colaboran na organización desta campaña xunto a ACISA: Concello de Ribadeo e Xunta de Galicia.
A IX Festa do Comercio foi presentada por Francisco Iriarte, presidente de ACISA; Jesús Pérez, xerente; e Carmen Cruzado, vogal da xunta directiva.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



