
cof
Ribadeo, 9 de decembro de 2019. Vitaldent, primeiro operador odontolóxico en España asinou un acordo co club de fútbol Iberia CF, de San Miguel de Reinante, a través do cal se converte na clínica dental oficial da devandita entidade. A sinatura do convenio tivo como representantes á presidenta do Iberia CF, Noela Fernández; o capitán do club, Marcos Rodríguez; e Sandra Rodríguez, directora de Vitaldent Ribadeo.
O acordo subscrito co Iberia CF estará vixente durante a tempada 2019-2020 e inclúe un programa de revisións e descontos en tratamentos de saúde bucodental das que se poderán beneficiar os xogadores e demais membros do persoal, así como directivos e socios do club e os seus familiares directos.
Vitaldent, que atendeu a máis de 7 millóns de pacientes nos seus 29 anos de traxectoria, demostra desta forma o seu compromiso co deporte. A través deste acordo, a compañía pon ao dispor do Iberia CF todo o seu equipo de odontólogos, doutores expertos en ortodoncia, implantoloxía e estética, hixienistas e auxiliares de clínica, así como as máis avanzadas tecnoloxías para o diagnóstico e tratamento odontolóxico.
Para Noela Fernández, presidenta do Iberia CF “siempre es bueno unir el deporte y la salud y, por ello, estamos muy satisfechos con la firma de este acuerdo. Es un compromiso que creemos que nos dará prestigio a ambas entidades”.
Tras la firma, Sandra Rodríguez, directora de Vitaldent Ribadeo, ha afirmado que “este acuerdo es la mejor muestra de la apuesta de Vitaldent por la salud en el deporte. El deporte también es salud y creemos que las empresas debemos dar un paso hacia delante para fomentar el cuidado de la salud en todos los ámbitos. En Vitaldent nos hemos marcado un objetivo: concienciar acerca de la importancia del cuidado de la salud bucodental para lograr un estado físico óptimo para la práctica de deporte”. Para finalizar ha agradecido al club Iberia CF la confianza que han depositado en Vitaldent y ha querido desearles “toda la suerte del mundo en sus competiciones”.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
