Burela, 13 de decembro, 2019. O porto de Burela acolleu esta semana o primeiro Congreso Nacional de Artes de Pesca, promovido pola Fundación EXPOMAR co obxectivo de poñer en valor as artes de pesca en perigo de desaparición, así como o intercambio de coñecementos sobre as artes doutros territorios de ámbito nacional.
Tra-la primeira xornada na tarde do xoves dedicada ás diferentes artes de pesca na costa española, na mañá do venres tratáronse diversos temas, como a “xestión de portos en Galicia”, a cargo do xefe da zona norte de Portos de Galicia, Antonio López Fernández; a “capacidade de crecemento do sector pesqueiro”, por María do Carme García Negro, doutora en Ciencias Económicas e Empresariais e profesora de Economía Aplicada na Universidade de Santiago; a “conexión rural-mar no impulso do tecido socioeconómico a través do turismo”, por Vidal Martínez-Sierra López, presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Miranda; a “pesca recreativa e rexistro de capturas en Galicia”, por José Antonio Beiro Diz, presidente da Federación Galega de Pesca Marítima Responsable e Náutica de Recreo; e as “oportunidades de financiación para o sector pesqueiro”, a cargo do director de ABANCA Mar, Javier Fraga Díaz.
O Congreso Nacional de Artes de Pesca pechouse cunha mesa de debate sobre “a innovación no sector pesqueiro”, moderada polo xerente da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, Sergio López; na que tamén participou Concepción Blanco Fanego, directora de exportación e importación de Pescados Rubén.
Este congreso, ao igual que o Congreso Infantil celebrado o xoves pola mañá, encadráronse no proxecto “Centro de Coñecemento do Patrimonio Cultural Pesqueiro”, promovido pola Fundación EXPOMAR e financiado polo GALP A Mariña Ortegal, teñen como obxectivo a recuperación e visibilización do patrimonio e cultura mariñeiras.
Outras accións que se desenvolven neste proxecto son os ciclos de charlas que xa tiveron lugar nos centros educativos por parte de profesionais do mar, nas que se falou aos rapaces sobre a vida no mar, o deseño de catálogos e repositorios sobre as artes de pesca e a fauna e flora mariña.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



