Lugo, 13 de decembro de 2019. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, defendeu este venres durante a presentación do Informe sobre a liña ferroviaria A Coruña-Lugo e a rede de vía métrica en Galicia elaborado polo catedrático da Universidade da Coruña Miguel Rodríguez Bugarín para o Eixo Atlántico que a provincia de Lugo ten que ter os mesmos servizos ferroviarios que o resto de Galicia. “Os veciños e veciñas de Lugo teñen que ter a mesma posibilidade de chegar a Madrid no mesmo tempo que dende A Coruña ou que dende Vigo”, reivindicou o mandatario provincial, quen sinalou que a provincia debe ser a vía principal de entrada e saída das mercadorías de Galicia por ferrocarril, formando parte do Corredor Atlántico a través de Monforte, O Barco de Valdeorras, Ponferrada, León e Palencia.
Rodríguez Bugarín apuntou que os tempos nos traxectos ferroviarios entre A Coruña e Lugo e entre Ferrol e Ribadeo poderían acurtarse de xeito significativo cun plan de modernización da vía. “Falta cohesión para un proxecto de renovación que é crucial para o tráfico de persoas e mercadorías e que pode financiarse por Europa”, sinalou o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao. Xunto a eles, na presentación que tivo lugar este mediodía no Salón de Actos da Deputación de Lugo, compareceron o Presidente do Eixo Atlántico e Alcalde do Concello do Barco de Valdeorras, Alfredo García Rodríguez, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.
O Presidente do Eixo destacou que Lugo é clave na modernización da rede ferroviaria de Galicia e na conexión da comunidade co resto da Península. Todos coincidiron en sinalar que tan importante como o transporte de persoas é o de mercadorías, e que o informe será un elemento importante para as administracións.
O traballo de Bugarín fai un percorrido por boa parte da historia ferroviaria das provincias de Lugo e A Coruña e recolle o nacemento, desenvolvemento e actual situación da liña que une Lugo e A Coruña e a rede costeira de vía métrica, que fai percorrido entre Ribadeo e Ferrol.
Tomé apuntou que durante as últimas décadas, o debate en torno ao ferrocarril en Galicia estivo centrado case exclusivamente en torno á alta velocidade e que sería absurdo negar a súa importancia, “pero o traballo do profesor Bugarín recórdanos tamén outras funcións sociais do ferrocarril, como o transporte de media distancia ou a súa capilaridade, ligando núcleos de poboación non conectados entre si”.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



