NOTA DE PRENSA
Barreiro convida a Manuel Vázquez a consensuar criterios cos seus compañeiros para non ter que verse obrigado a rectificar
* O presidente dos populares lucenses considera que as súas opinións sobre a situación do concello de Barreiros é unha pequena mostra da súa clara falla de liderazgo ó fronte dos socialistas galegos
Lugo, a 6 de abril de 2010.- O Partido Popular de Lugo detecta unha clara falla de liderazgo nas filas do Partido Socialista ou un exceso de cabezas pensantes ou parlantes porque os cambios de criterio que está a amosar o seu secretario xeral Manuel Vázquez en clara contradicción co manifestado por outros destacados membros como o presidente da Deputación de Lugo José Ramón Gómez Besteiro sobre a situación urbanística na que se atopa o concello de Barreiros así o poñen de manifesto.
O presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro suliñou que as contradiccións nas que están a caer os socialistas sobre este asunto deixan patente que non hai un opinión homoxénea e moito menos consensuada entre os máximos dirixentes socialistas ou simplemente denota que a comunicación entre eles brila pola súa ausencia.
“Manuel Vázquez non tivo reparos en descalificar o acordo asinado entre a Xunta, a Deputación e o Concello para desbloquear a situación urbanística en Barreiros (cuxo borrador xa procedía do bigoberno) e de tachalo incluso coma un xeito de legalizar ilegalidades e uns días máis tarde, despois de que o propio Gómez Besteiro lle aclarase os pormenores e os obxectivos do convenio, viuse obrigado a desdecirse de todas as acusacións realizadas”, explicou Barreiro.
O presidente dos populares lucenses, ó tempo que reiterou o seu total respaldo ó alcalde de Barreiros Alfonso Fuente Parga, facendo especialmente énfase en que “nin el nin ningún membro da súa comisión de goberno nin ningún técnico municipal están imputados por nada”, convidou ós socialitas a poñerse de acordo antes de opinar sobre este particular.
Neste senso, lembroulle a Manuel Vázquez que o convenio suscrito entre as tres administracións contou tamén co apoio da asociación provincial de constructores e do propio pleno da corporación municipal, incluidos os concelleiros socialistas. “Non debe ser tan mala solución se foi respaldada de xeito tan unánime”, apuntillou.
José Manuel Barreiro redundou na falta de criterio e de peso político do secretario xeral dos socialistas galegos. “Primeiro disputábase o control do seu propio partido con José Blanco, pero agora tamén dende as provincias se desmarcan frontalmente do seu posicionamente”, sinalou, razón pola que convidou a Manuel Vázquez a reflexionar seriamente sobre o seu papel dentro do Partido Socialista de Galicia.
















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



