Ribadeo, 17 de decembro de 2019. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza unha nova fin de semana tecnolóxica que se celebrará o vindeiro sábado, día 21 de decembro, no CIFP Porta da Auga. Nesta ocasión impartirase un curso de pintura para o que están todas as prazas cubertas.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, salienta que “este ano está tendo un éxito importante a formación dos sábados. Estamos agora facendo un plan de aquí ao mes de xullo. Vanse intensificar máis os cursos, neste momento estamos facendo un cada mes, pero posiblemente imos incrementar o número de cursos por mes. Agora que temos xa activa a platafoma de formación, imos sacar cousas tamén a distancia. Estamos abertos ás empresas que realmente estean interesadas en facer algún tipo de formación puntual para os seus empregados, sempre desde logo sen perder a calidade que teñen os nosos cursos. Loxicamente non imos meternos a facer cousas raras, xa que neste momento temos un alto nivel de calidade de satisfacción por parte da xente que fai os nosos cursos”.
Doural subliña que “estes cursos son sempre nunhas condicións económicas creo que moi boas porque nós somos unha organización que temos que cubrir os gastos, as facturas hai que pagalas, pero despois non temos ánimo de lucro, pero si de axudar ás empresas e a aquela xente que non ten emprego ou que quere traballar nunha determinada actividade. A min chámame moitas veces xente por teléfono preguntándome por cursos porque no que están traballando non lles gusta. Hai a posibilidade de abrirse a outros campos de formación, pero sempre dentro de que reúnan uns niveis de calidade importantes porque senón creo que non ten sentido a nosa formación”. O curso do 21 de decembro en Ribadeo versará sobre pintura e celebrarase nas instalacións do CIFP Porta da Auga.
Balance da xuntanza celebrada en Lisboa
O presidente de APAGA tamén se referiu ao proxecto que lidera Inclusión e empregabilidade mediante a tecnoloxía do vehículo eléctrico e á xuntanza mantida durante a pasada semana cos socios que colaboran: “fixemos a segunda xuntanza cos socios europeos en Portugal. Fíxose unha primeira en Croacia e a da semana pasada dedicouse principalmente á formación. Estase a preparar á xente que normalmente vai traballar no proxecto. Neste caso a formación dedicouse ao manexo do editor de libros electrónicos, que vai ser a ferramenta a utilizar para despois incorporar os contidos do vehículo eléctrico. Penso que foron unhas xornadas bastante intensas de traballo”.
Álvaro Doural sinala que “hai socios de distintas zonas que sempre teñen unha peculiaridade de tipo persoal, cultural e de traballo distinta a nós, de toda a zona de Rumania, Lituania, etc…. Son novos socios, é xente que se está incorporando e abre outras vías de colaboración, porque estas xuntanzas non están só a temas de formación senón que se fala de moitas cousas, da situación de cada socio ou dos proxectos que están facendo”.
O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia engade que “abrimos a posibilidade, que creo que está practicamente pechada, de que no mes de febreiro estean aquí doce alumnos de Italia, e unha xente en marzo que vai vir de Lituania. Este ano vai ser a nivel de acollida bastante importante para a nosa organización, imos facer todo o posible para que estean o máis a gusto posible, que coñezan A Mariña e Ribadeo. Iso é importante, que a nosa zona teña unha visibilidade a nivel europeo, especialmente na situación que estamos neste momento. Abrir novos camiños, xente que coñeza isto e que o vexa non tan so turisticamente senón outro tipo de grandes posibilidades que ten a zona. Eu creo que os encontros a nivel europeo son moi importantes para a nosa organización e para a zona da Mariña porque se dá unha visibilidade do que é A Mariña, do que é a xente da Mariña, do que se fai aquí, en que se traballa e que outras posibilidades hai. Neste mundo tan globalizado, e cada vez máis, o movemento e mobilidade da xente é cada vez máis importante. Estivemos a semana pasada en Lisboa e creo que é un gran exemplo de como se xestionan determinadas cousas nese país e como se cambia. Os que tivemos a sorte de coñecer Lisboa fai quince anos vemos que hoxe non se parece en nada polo traballo feito, especialmente polo que é agora o presidente de Portugal, en recuperar aquelas zonas que eran deprimidas e ás que era difícil ir por cuestións de seguridade, e nas que agora hai grandes hoteis e ás veces é complicado conseguir ata aloxamento”.
O presidente de APAGA anuncia que “a finais de xaneiro haberá xuntanza en Ribadeo. Serán vintecinco compañeiros que virán unha semana a estar aquí con nós e haberá unhas xornadas de traballo. Creo que pode ser un traballo importante a nivel de formación nos próximos anos non soamente para os centros educativos senón tamén para o sector do automóbil”.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



