Lugo, 17 de decembro de 2019.- O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitaron hoxe a nova sede da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, que vén de abrir as súas portas na cidade. Un marco no que Miranda salientou a aposta do goberno autonómico polo retorno, que se está a materializar nos “mellores datos da década” con preto de 3.500 lucenses que volveron á provincia neste período.
Neste escenario de crecemento constante do retorno, explicou Miranda, o goberno autonómico está a multiplicar a súa aposta por acompañar no proceso a todos os galegos do exterior. Un compromiso no que se sitúa a apertura desta sede en Lugo, que o propio Miranda cualificou de “fito histórico” ao tratarse da primeira vez que a oficina abre as súas portas fora de Santiago.
O titular do departamento autonómico incidiu en que a apertura desta sede, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, obedece a esa “aposta decidida” polo retorno que está a promover a Xunta. Non en van, e como lembrou, a oficina é parte da Estratexia Retorna 2020 impulsada pola Secretaría Xeral que, cun orzamento global de máis de 235 millóns dos que que 15 abarcan só medidas específicas, ten entre os seus obxectivos conseguir o “regreso a casa máis de 20.000 galegos do exterior” no período 2018-2020, contribuíndo deste modo a rexuvenecer a poboación e acompañando á persoa retornada durante todo o proceso de retorno.
“Xunto á ampliación da oficina en Santiago, que conta con novas e mellores instalacións no Edificio do Xacobeo, poñemos en marcha esta sede aquí, en Lugo, e no resto das provincias galegas”, incidiu o secretario xeral, quen avogou por “seguir traballando xuntos” para “facer do século XXI o século do retorno”. Neste sentido, recordou, “o XII Consello de Comunidades Galegas que vimos de celebrar en Santiago centrou tamén unha parte moi importante do seu desenvolvemento no retorno, ata o punto de que, por primeira vez na historia, incorporouse un relatorio dedicado exclusivamente ao tema”.
“Ata o de agora as cifras avalan a aposta do goberno galego e nos indican que imos polo bo camiño”, proseguiu Miranda, quen detallou que o 2018 foi o quinto ano consecutivo de crecemento do retorno, con máis de 7.000 galegos que volveron á súa terra, o que sitúa o total da lexislatura por riba dos 18.200 retornados.
Neste contexto, o titular do departamento autonómico puxo en valor a importancia dunha oficina que permitirá “acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o proceso de retorno”. “Atopámonos con casos diarios de xente que quere volver a Galicia se atopa moitísimas dificultades, especialmente na tramitación de permisos de residencia para familiares dos galegos do exterior, ou na homologación dos títulos universitarios”, expuxo Miranda, quen demandou ao goberno central unha maior implicación nestas materias.




















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



