Madrid, 18 de decembro de 2019. O sector pesqueiro español considera satisfactorio o resultado das negociacións sobre Totais Admisibles de Capturas (TAC) e cotas de pesca para 2020 obtidos esta madrugada e tras a finalización da reunión do Consello de ministros de Agricultura e Pesca (Agrifish). Así o expresou Javier Garat, secretario xeral da Confederación Española de Pesca (CEPESCA), que valorou que fosen tidas en conta as recomendacións científicas e a actividade pesqueira desde a tripla vertente da sustentabilidade (biolóxica, económica e social). Igualmente, Cepesca valora o labor desenvolto pola delegación do Goberno español, encabezada por Luís Planas, ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).
Para o conxunto das especies e grazas aos estudos de impacto socio económico presentados polo MAPA e a Conselleria do Mar da Xunta, o acordo alcanzado mellora a maioría das propostas de TAC e capturas que fixo a Comisión Europea o pasado outubro e supón que a frota española contará con máis toneladas en 2020. Así, froito da negociación, o ano que vén a frota española disporá de preto de 290.000 toneladas, o que supón un valor estimado que supera os 500 millóns de euros.
O sector considera unha boa noticia a rebaixa conseguida dos recortes propostos para determinadas especies fundamentais para a nosa frota, en concreto: a pescada sur (Cantábrico, Golfo de Cádiz e Portugal), para a que a CE propoñía un recorte do 20% que se reduciu a un 5%, mantendo a explotación en niveis de RMS (Rendemento Máximo Sustentable); o xurelo sur, cunha proposta de recorte do 50%, pero que finalmente se incrementará nun 24% respecto a 2019; e o linguado nas zonas 8 e 9 do caladoiro nacional, para o que a CE propoñía un recorte do 40% e que quedou fixado, tras a negociación, nun 20%.
Outras especies para as que sobe o TAC son a xarda, que aumenta un 41% para a frota do Cantábrico e o lirio, que aumenta un 3%. Tamén aumentan as capturas para o galo e o rape de Gran Sol, que crecen un 7% e o 3%, respectivamente, respecto a 2019. Tamén soben, un 24%, as capturas para o galo do Cantábrico Noroeste e do Golfo de Cádiz.
Pola súa banda, as especies que si ven as súas capturas recortadas son a pescada norte (augas de Escocia e Irlanda, Gran Sol e augas francesas do Golfo de Biscaia), que se reducen un 20%, e o xurelo do Oeste (Cantábrico), que baixa un 40,7%, aínda que se estableceu un mecanismo de flexibilidade que permite transferir ata o 80% da cota do xurelo do Norte para minimizar o impacto da frota que captura esta especie nesa zona.
Pola contra, aumentan as capturas para o galo e o rape de Gran Sol, que crecen un 7% e o 3%, respectivamente, respecto a 2019. Tamén soben, un 24%, as capturas para o galo do Cantábrico Noroeste e o Golfo de Cádiz.
Polo que se refire ao lagostino do Cantábrico e como quedou plasmado nunha declaración, Cepesca celebra que a CE e o Goberno de España comprometéronse a seguir traballando, en colaboración co Instituto Español de Oceanografía (IEO) e o propio sector pesqueiro, para solicitar unha revisión da recomendación científica unha vez que se dispoña de datos actualizados do estado desta especie. Cabe lembrar que o TAC actual é cero.
Segundo o secretario xeral de CEPESCA, Javier Garat, “en xeral, o resultado foi positivo, estamos satisfeitos, xa que os TAC acordados van permitir á nosa frota pescar máis que en 2019. Ademais –engade Garat-, celebramos que a negociación tivese en conta a tripla vertente sustentable da nosa actividade, a biolóxica, a social e a económica, un enfoque fundamental para poder mirar a nosa actividade a longo prazo, tal e como facemos desde hai anos os homes e mulleres do sector”.























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.



