- A interiorista coruñesa Adriana Janeiro instalou recentemente o seu estudo en Ribadeo co obxectivo de atender a clientes de diferentes lugares de Galicia e Asturias
Esta interiorista ofrece os seus servizos a persoas que senten que a súa vivenda xa non encaixa con elas, que lles gustaría facer cambios pero non saben por onde empezar ou que están a piques de entrar nun domicilio novo e se estresan só de pensar todo o que hai que decidir.
- A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous condutores sen permiso de conducir no termo de Lourenzá
Os feitos iniciáronse o pasado martes, cando unha patrulla identificpi a unha veciña de Cervo, de 32 anos de idade, a cal, ao observar a presenza dos axentes apeouse do vehículo que conducía, permitindo que o seu acompañante continuase o traxecto. A maneira de actuar de ambos levanto as sospeitas dos axentes, polo que se procedeu a identificar aos dous ocupantes do turismo, comprobando que a persoa que inicialmente o conducía nunca obtivera permiso de conducir algún. Transcorridas menos de 24 horas e, paradoxalmente no mesmo lugar, observouse a un veciño de Mondoñedo de 51 anos de idade, o cal conducía un vehículo malia constarlle unha perda de vixencia do permiso de conducir por esgotamento de puntos. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Mondoñedo.
- Este venres comeza unha nova edición da Ruta de Pinchos do Vicedo
É a 15ª edición que, nesta ocasión, se celebrará as fins de semanas do 16-17 de maio (na zona de Abrela, Folgueiro e San Román) e do 23 e 24 de maio (na zona de O Vicedo). Unha oportunidade de probar as especialidades dos restaurantes e cafeterías locais e de participar nun sorteo de 2 pranchas de asar. Os establecementos participantes entran no concurso ao mellor pincho que será votado exclusivamente polos clientes que acudan mediante voto directo en urna con cada pincho que terá un prezo de de 4€.
- Xa se coñecen os traballos que resultaron gañadores do certame de narración e debuxo infantil de Cervo convocado con motivo das Letras Galegas
Na categoría ata 8 anos: 1º Paula Martínez, 6 anos. 2º Samuel Riera, 7 anos. 3º Valentina Blanco (5 anos) e Iara Pruneda (7 anos). Empate. Na categoría de 9 a 11 anos: 1º Lily Fernández, 9 anos. 2º Lily Fernández, 9 anos. Na categoría de 12 a 16 anos: 1º Iria Baltar, 12 anos.
- Presentacion do libro “Ángeles Alvariño. Mi estela en los oceános” de Germán Castro Tomé
Terá lugar o venres 23 de maio ás 20,00 horas na sala de exposicións de Regalxunqueira – Viveiro. Ademais do autor participarán a Presidenta do Club de prensa de Ferrol, Julia Diaz Sixto e María José Leira Ambrós, bióloga e sobriña da científica. Serviranse uns petiscos.
- Este martes celebrouse cunha gran afluencia de público un novo "Arruguiñas falando"
Foi baixo o título: Coñece os teus dereitos como consumidor, enmarcado nesta ocasión nunhas xornadas participativas nas que se abordarán neste mes de maio temas moi interesantes para o consumidor baixo o epígrafe "Consumo en Ruta" en colaboración coa Xunta de Galicia e da asoc. Xubilados Terramar. As próximas charlas serán os martes 20 e 27 de maio, no local social da asoc. de Xubilados Terramar, na Casa do Mar.
- A Festa das Flores, tamén coñecida como Festa das Fillas de María, vaise celebrar este sábado 17 de maio en Xove, coincidindo co Día das Letras Galegas
Na presentación do cartaz participou o alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado das concelleiras Dolores, Cristina e Tamara e dos membros da Comisión de festas Benigno, Carlos, Borja e Dalmacio. Todxs convidan a veciños/as e visitantes a desfrutar deste día de alegría e facelo vestidxs de branco.