BURELA (FNC) .- Quince rapaces participarán desde o vindeiro luns 12 de abril no terceiro curso de socorrismo acuático que organiza o Concello de Burela. Segundo explica a edil de Mar, Remedios López, “por terceiro ano consecutivo organizamos un novo curso de socorrismo acuático na modalidade presencial e dirixido a poboación en xeral maior de 18 anos, dará comezo o vindeiro luns 12 de abril as 16:30 horas na sede da Cruz Vermella de Burela. Este novo curso comeza con 15 alumnos inscritos que se formarán en primeiros auxilios, salvamento e socorrismo en praias e tamén na utilización do desfibrilador”.
A concelleira socialista lembra que “o curso consta de tres módulos, o primeiro é de primeiros auxilios e ten unha duración de 20 horas. É imprescindible pasalo para facer o seguinte, os obxectivos desta parte pasan por coñecer os fundamentos básicos de primeiros auxilios, posuír nocións sobre técnicas de reanimación cardiopulmonar, hemorraxias, contusións e queimaduras. O segundo modulo denominado DESA é unha novidade, durará 8 horas e servirá para saber utilizar o desfibrilador, é obrigatorio. E a terceira parte do curso é a adicada ao socorrismo acuático e ten unha duración de 80 horas. Unha vez aprobados os outros dous, farase una proba de acceso para este módulo, esixindo uns coñecementos básicos de natación. O obxectivo é dotar ao alumno dos coñecementos e habilidades necesarias para as tarefas de socorrismo así como poñelos ao tanto da lexislación actual no medio acuático”.
O primeiro e terceiro módulo son realizados pola Concellería de Mar que dirixe Remedios López o segundo módulo (DESA) fáise a través da Concellería de Formación de Sonia Fraga. Neste último módulo poderán participar ademais dos inscritos no curso de socorrismo os que xa teñan o título doutros anos. O custe total deste curso será de 260 € por persoa, o Concello subvenciona con 200€ aos que estean empadroados en Burela, os que solo se presenten ao módulo DESA contarán cunha financiación do 100% por parte da Delegación de Formación xa que será obrigatorio para as probas de selección dos socorristas para as praias.
Remedios López manifesta que “un ano mais inténtase formar a poboación en mar e socorrismo acuático, creando un foco de emprego e dándolle a oportunidade de traballar durante os meses estivais á nova mocidade. O Concello de Burela ten solicitado nos plans de cooperación a contratación de 12 socorristas para salvamento e socorrismo en praias cunha duración de tres meses, con fecha de inicio 15/06/2010 e fin 14/09/2010. Nos plans de cooperación publicados no DOG nº40 de 1 de marzo, polos que se intenta subvencionar estes postos de traballo, esixe que sexan desempregados e non teñan mais de nove meses traballados acollidos a esta subvención, iso obríganos a estar renovando continuamente o persoal e fomentando o emprego”. A edil de Mar anima “á poboación a que se forme e teña a oportunidade de conseguir un posto de traballo e gañarse un salario no verán”.






















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



