Viveiro, 28 de decembro de 2019. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou en 133.500 euros o contrato de asistencia técnica para o apoio á dirección facultativa dos traballos de ampliación e mellora da estación depuradora de augas residuais (Edar) de Viveiro. As empresas interesadas poden obter os detalles do concurso na plataforma pública de contratación da Xunta de Galicia, e teñen de prazo ata o día 23 de xaneiro do 2020 para presentar as súas ofertas.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, lembrou que tamén están en proceso de adxudicación as propias obras sobre as liñas de tratamento, licitadas en case 4 millóns de euros (3.973.366 euros) e o servizo de seguridade e saúde laboral necesario para o desenvolvemento dos traballos, licitados en 77.700 euros.
Balseiro destacou que, xunto cos 40.500 euros investidos na redacción do proxecto construtivo, o orzamento da actuación vai superar os 4,2 millóns de euros, custe asumido pola Xunta e cofinanciado co fondo europeo FEDER.
O delegado explicou que a Consellería está tramitando xa todas as contratacións necesarias co obxectivo de iniciar as obras no segundo semestre do 2020. A intervención ampliará a capacidade e mellorará o grado de depuración previo ao emisario de todas as augas residuais de Viveiro, incluídas as de Celeiro.
Permitirá tratar a totalidade das augas residuais xeradas no municipio, incorporando cunha nova conexión os procedentes da rede de Celeiro, que actualmente non van á depuradora. Ao mesmo tempo, dará solución aos problemas detectados na actual depuradora, que xestiona o Concello, pois as deficiencias na súa conservación e mantemento fan que a capacidade de depuración real sexa menor da inicialmente prevista.
Balseiro subliñou que se trata dunha actuación estratéxica para Viveiro, xa incrementará nun 50% a capacidade de depuración da planta actual e permitirá atender a 23.700 habitantes equivalentes, deixando cubertas as necesidades de depuración de Viveiro para as próximas 2 décadas. Así mesmo, redundará nunha mellora significativa da calidade da auga da ría, que se traducirá, tamén, no resultado das analíticas sanitarias que presentan praias como a de Celeiro.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



