BARREIROS (FNC) .- Catro asociacións de Barreiros: Amas de Casa, Afamer, Mulleres Rurais e Benéfico Cultural de Reinante organizan coa colaboración do Concello por cuarto ano unha cea benéfica a favor da Asociación de Loita contra o Cancro. Será mañá venres ás 22 horas no Asador e asistirán as presidentas da Asociación de Loita contra o Cancro de Lugo e de Afamer Galicia.
Segundo a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, “para nós o máis importante é a xente que apoia esta cea e que coas donacións axudan á investigación desta enfermidade que só escoitar o seu nome nos da medo. Temos que pensar que gracias a esas investigación estáse a converter nunha enfermidade calquera porque hai moitos casos curados e outros moitos controlados. Non podemos pensar que as donacións non chegan, non chegan as que non se dan… pedimos a colaboración dos veciños de Barreiros para que se non poden ir á cea fagan igualmente as súas aportacións a calquera das asociacións organizadoras”.
A edil popular sinalou que “a presidenta da Asociación de Loita contra o Cancro atenderá a todas as persoas que lle queiran preguntar cousas sobre esta enfermidade. O seu apoio é moi imporante para os que padecen algún caso de cancro”.
Adela Rodríguez engadiu que “ainda queda algunha praza libre, poucas, para asistir á cea de mañá. Os interesados poden chamar ao teléfono 666 929 894 e Carmiña os apuntará. Tamén dicir que os empresarios de Barreiros están a participar nesta cita aportando unhas cestas que se sortearán mañá, o precio da rifa será de 2 euros e a intención é recaudar máis cartos para poder destiñar a esta asociación”. A concelleira de Cultura agradeceu tamén “a colaboración do Asador porque nos fixo a cea ao mellor precio que poder aportar máis cartos para a loita contra o cancro. Quero animar á xente a participar porque a causa o merece e porque o imos pasar moi ben e xa lles dou de antemán as gracias pola súa asistencia e pola súa colaboración”.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



